CONVERSAS CON JAKE

Sabías que este curso temos un auxiliar de conversa de inglés procedente de Pensilvania? Se che apetece mellorar as túas destrezas orais e coñecer a cultura americana de primeira man fala co teu profesor/a. Só para os niveis A2 e B1!

CLUB DE LECTURA DE ALEMÁN

Queres participar nun club de lectura? Inscríbete neste de alemán para niveis básicos! Os martes ás 17.30 horas a profesora Irene Sueiro agárdate na aula 21. Inscríbete xa enviando un correo ao enderezo irene.sueiro@eoipontevedra.org ou fala co teu/túa profe de alemán.

THAT´S ENGLISH: CURSO 2024/25

Aínda estás a tempo de matricularte: aprende inglés ao teu ritmo  desde a casa ou calquera outro lugar que desexes co Programa That´s English! O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 31 de outubro. Máis información.

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

Gústaríache botar unha man na biblio, coidando e facendo bo uso dos materiais? Cubre a solicitude para participar no Programa de voluntariado e entrégaa na Conserxaría antes do 30 de outubro. 

Solidarízate coa biblioteca, solidarízate coa cultura!

MODALIDADE SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA

COMO ACCEDER A CENTROSNET

Prema neste titorial sobre cómo acceder á Plataforma Centrosnet para consultar as  notas e o expediente.

AVISO: SOLICITUDE ADAPTACIÓN EXAMES

Se precisas solicitar unha adaptación dos exames da escola debes ler o protocolo de adaptación de probas, cumprimentar o formulario e subilo coa documentación de matrícula a través da aplicación.

Distribuir contido