MATRÍCULA ABERTA: CALC E CUALE

O alumnado matriculado no presente curso escolar 2023-24 nos cursos CALC e CUALE na EOI Pontevedra que queira presentarse as probas de certificación do nivel que está cursando deberá matricularse nesta ligazón do 8 ao 12 de abril de 2024 (ambos días incluídos).

Documentación necesaria:

  • Cubrir a aplicación Web.
  • Copia do DNI, NIE ou Pasaporte.
  • Para alumnado CALC, documento da realización do curso emitido polo CFR onde conste que cumpre co requisito de asistencia.
  • Alumnado con diversidade funcional: cubrir o anexo III no caso de precisar condicións especiais.

Para máis información consulte a Instrución 1/2024.