O pasado 15 de marzo recibimos unha visita moi especial na sección do Valle Inclán. O alumnado de 3º de primaria do CEIP Xunqueira 2 agasallounos cunha sesión inesquecible de contacontos en inglés onde descubrimos historias marabillosas. Parabéns a tod@s el@s pola súa magnífica actuación! Agardamos poder repetir esta experiencia o vindeiro curso.