A EOI de Ourense participa o vindeiro xoves 17 de outubro ás 18.30 h xunto coa EOI de Alcoi nun Webinar sobre a colaboración en eTwinning con outras escolas e centros de distintos niveis educativos.
Premer na imaxe para saber mais.
Durante o curso 2023-24 as profesoras Nancy Casielles, Alicia del Rio, Marta Hernández e Patricia Conde participaron nun proxecto eTwinning en colaboración co Liceo científico G. Banzi Bazoli de Lecce en Italia e o Sirri Yirkali Anadolu Lisesi de Balikesir en Turquía. Este proxecto desenvolveuse dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning". Aquí compartimos unha breve presentación:
Alumnado e profesorado dos departamentos de alemán e inglés participa nun proxecto eTwinning con centros de Alemaña, Croacia e Turquía e coas EEOOII de Alcoi e Melilla. O proxecto compara a sabedoría popular recollida nos refráns sobre o tempo e reflexiona sobre a súa validez nun contexto de cambio climático. Pódense ver algúns dos refráns recollidos no recuncho Erasmus da EOI.
O grupo de profesoras que participan no proxecto Hadrian's Legacy ao abeiro do plan Proxecta+ da Xunta de Galicia, quere animar ao alumnado e profesorado da EOI a colaborar na creación dunha nube de palabras sobre o cómic co gallo da celebración do día do libro (23 de abril). Fai clic na imaxe e participa:
Grazas ao fabuloso traballo dos nosos alumnos de alemán e inglés, o noso proxecto "Nach Frauen benannte Strassen - Women street names" foi reconocido cun Selo Europeo de Calidade eTwinning. Agardamos que mais e mais alumnos sigan animándose a colaborar en proxectos interesantes!!
Despois de ter asistido á II Conferencia Nacional eTwinning salientamos a importancia deste tipo de proxectos para a internacionalización de centros e compartimos convosco o enlace a este video que difunde o SNA:https://play.rtve.es/v/7039526/
A EOI Ourense converteuse este ano en eTwinning School e leva colaborando en distintos proxectos desde 2019, proxectos polos que acadou xa 5 selos de calidade nacional colaborando con ata 6 países diferentes: Italia, Brasil, Alemaña, Grecia, Croacia e Turquía. No centro contamos ademáis cunha embaixadora eTwinning para Galicia.
#ErasmusPlus @EOIOurense #eoiourense #sepie #sepie_gob @sepiegob #ConfeTwSchool2023 @eTwinning_es #etwinningschool
A EOI de Ourense acada un novo Selo de Calidade Nacional eTwinning
O proxecto eTwinning titulado The Game Way e desenvolvido durante o curso 2022-2023 polas profesoras Patricia Conde, Alicia del Río, Marta Hernández e Nancy Casielles en colaboración co Liceo Scientifico G. Banzi Bazoli de Lecce (Italia) e alumnado de ambos centros, ven de acadar o Selo Nacional de Calidade, que se une ao xa acadado durante o mesmo período polo proxecto Nach Frauen benannte Strassen, desenvolido polas profesoras Patricia Conde, Carmen Rodríguez e Sandra Sanmiguel.
Parabéns para as profesoras e o alumnado participante.
No curso 2022-23 a profesora Carmen Rodríguez, do departamento de alemán, e as profesoras Sandra Sanmiguel e Patricia Conde, do departamento de inglés, desenvolveron un proxecto eTwinning titulado "Nach Frauen benannte Strassen" en colaboración co Liceo científico Banzi Bazoli de Lecce en Italia e a Escola de Economía e Biotecnoloxía de Slavonski Brod en Croacia. O devandito proxecto ven de ser galardoado co Selo Nacional de Calidade eTwinning. Aquí compartimos a presentación:
Durante o curso 2022-23 as profesoras Nancy Casielles, Alicia del Rio, Marta Hernández e Patricia Conde participaron nun proxecto eTwinning en colaboración co Liceo científico G. Banzi Bazoli de Lecce en Italia. Este proxecto desenvolveuse dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning". Compartimos esta presentación: