Alumnado e profesorado dos departamentos de alemán e inglés participa nun proxecto eTwinning con centros de Alemaña, Croacia e Turquía e coas EEOOII de Alcoi e Melilla. O proxecto compara a sabedoría popular recollida nos refráns sobre o tempo e reflexiona sobre a súa validez nun contexto de cambio climático. Pódense ver algúns dos refráns recollidos no recuncho Erasmus da EOI.