Sobre o proceso de preinscrición

Teño que facer preinscrición?

Depende. Terá que facer preinscrición sempre que non estivese matriculado no mesmo idioma o curso anterior:

  • se vai estudar 1º de básico de calquera idioma.
  • se fixo renuncia de matrícula
  • se quere iniciar estudos nun idioma en calquera curso distinto de A1/A2 porque ten coñecementos previos ou algún certificado que lle dea acceso a cursos superiores.

 Preme aquí para máis información. 

 

Como sei en que nivel debo preinscribirme?

Se vostede desexa comezar de cero, debe preinscribirse en 1º de básico. Se ten coñecementos dun idioma consulte esta información.

 

En cantos grupos me podo preinscribir?

En catro, que poden ser da mesma escola ou de varias escolas ou seccións.

 

Podo cambiar a miña preinscrición?

Si, sempre durante o prazo de preinscrición.

 

Como sei se me adxudicaron praza?

Despois das datas indicadas de adxudicación debe entrar de novo na súa preinscrición e, se ten praza, daranlle a oportunidade de se matricular desde esa mesma páxina.

 

Se me preinscribo e me adxudican unha praza pero non me matriculo en prazo, que pasa?

Que perde a praza que se lle adxudicou e xa non terá prazo para unha nova preinscrición.

 

Se me pasa a miña quenda de preinscrición ou de matrícula, que pasa?

Non poderá preinscribirse ou matricularse nas seguintes quendas. Só ao final de todo o proceso, se quedan prazas libres terá unha opción a matricularse.

 

Se hai máis solicitudes que prazas como se adxudican?

A aplicación informática comezará adxudicar as prazas polo 1º apelido comezado por a letra que se sortee cada ano.

 

Se non me adxudicaron praza que posibilidades teño de me matricular?

A súa solicitude permanecerá en espera mentras non se lle adxudique praza ou remate o proceso de matrícula, polo que terá que estar pendente da páxina da EOI e as información que se vaian dando.