Se me matriculo en liña e non valido a matrícula na secretaría da EOI, que pasa?
Cando remata o prazo de validacións, as prazas que non están validadas elimínanse e ofrécense á quenda seguinte.
Se me matriculo dun curso ao que non teño dereito a asistir porque non teño ese acceso directo, que pasa?
Debe consultar a información, concretamente as dos accesos directos na páxina da escola. Se se matricula nun curso incorrecto perderá a matrícula porque non se poderá validar.
Que fago se ao marcar a cantidade que me corresponde pagar me equivoco?
Debe pagar a cantidade que realmente lle corresponda e avisar na secretaría da escola no momento de validar a matrícula.
Se se me pasa a miña quenda de matrícula, que pasa?
Non poderá matricularse nas seguintes quendas. Só ao final de todo o proceso, se quedan prazas libres terá unha opción a matricularse.
Xa fixen estudos noutra escola oficial de idiomas. Son alumnado novo ou antigo?
Estou matriculado nun idioma e quero matricularme noutro. Son alumnado novo ou antigo?
Canto custa a matrícula de cada curso na EOI?
Podo fraccionar o pagamento da miña matrícula?
Si, en dous prazos: o primeiro no momento da matrícula e o segundo en xaneiro até o 31.
Se se matricula nun curso cuadrimestral non pode fraccionar o pagamento da súa matrícula.
Teño dereito a solicitar unha bolsa de estudos?
Si. Máis información na páxina web do MEC.
Hai límite de convocatorias nas probas libres?
Non.