3- Sobre a preinscrición e a matrícula oficial

Se quero asistir á clase na EOI, cando me teño que matricular?

A matrícula para a modalidade oficial (presencial e semipresencial) faise en dous períodos: xuño-xullo e setembro.

Datas: as datas serán enviadas dende a Consellaría para todas as EOI de Galicia e publicadas na nosa web.

Xa estudei unha lingua hai moitos anos na EOI e agora gustaríame volver a comezar de novo, é posible?

Só pode matricularse no curso seguinte ao que ten aprobado, non se pode repetir un curso que xa se ten aprobado.

Podo matricularme nun curso inferior ao que xa estiven matriculada por oficial?

Si, sempre e cando non teña ningunha cualificación, isto é, que nese curso renunciase ou tivese baixa de oficio.

Se posúo unha titulación que me dá acceso directo a un curso determinado, podo matricularme nun curso inferior?

Non. O acceso directo ten que coincidir exactamente coas equivalencias que marca a lexislación.

 

PROBA DE CLASIFICACIÓN

Se estou cursando xa un idioma na escola, podo matricularme na proba de clasificación dese idioma?

Non, teñen que pasar dous cursos sen estar matriculado nese idioma.

 

Onde podo reclamar se non estou dacordo coa corrección da proba de clasificación?

A proba de nivel non é recurrible porque non da ningunha cualificación e non certifica ningún nivel, só fixa o nivel de acceso para poder matricularse nunha EOI de Galicia na modalidade oficial.