Skip to Content

Secretaría

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

 

       O prazo para entregar a matrícula do alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro é do 24 de xuño ao 1 de xullo, en horario de 10:30 a 12:00.

       Haberá que presentar o Impreso de matrícula cuberto, xunto coas autorizacións e as solicitudes de Transporte e/ou Comedor para aquelas familias que o solicitaron. Todo elo acompañado de:

       - 3 fotos  tamaño carnet.

       - Certificado médico no que se faga constar que o/a neno/a ten postas tódalas vacinas que lle corresponden pola súa idade.

       Teléfono de contacto: 982 870 957

 

       Os impresos pódense retirar no centro ou descarglos  nos Arquivos adxuntos:

 

XORNADA DE ACOLLIDA

ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 

Están publicadas, no taboleiro de anuncios do centro, as

 

Listas Definitivas de admitidos e excluídos para o vindeiro

 

curso, en 4º de EI.

 

Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

ADMISIÓN CURSO 2024 - 2025

Para 4º de EI foron rexistradas máis solicitudes de Admisión que  número de prazas oferta o centro, polo que será necesario presentar a documentación acreditativa de baremo. Data límite para a presentación de dita documentación: 11 de abril de 2024, inclusive. Horario de atención presencial, no centro: de 09:30 a 10:30.                    Normativa reguladora do proceso, onde se poden consultar os criterios de admisión:   Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG do 11/02/2022)                                               Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022)

Unha vez baremadas as solicitudes, polo Consello Escolar do centro,  publicarase unha lista provisional o día 25 de abril e abrirase un prazo, dende o día 26 de abril ata o 7 de maio, para presentar reclamacións.

ADMISIÓN CURSO 2024 / 2025

PRAZOS

Do 1 ao 20 de marzo abrese o proceso de admisión de alumnas/os de novo ingreso. Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022). Prazo de preseentación, do 1 ao 20 de marzo. O impreso podese descargar en www.edu.xunta.es/servizos/admisión alumnado, no arquivo adxunto debaixo deste texto ou recollelo no centro.

Podese presentar telemáticamente ou presencialmente, no centro, en horario de 09:30 a 10:30 horas ou de 13:00 a 14:00 horas.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

INFORMACIÓN:

1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.

2.- O alumnado que queira trasladarse a outro centro, terá que:

- Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

- Presentar a solicitude de admisión xunto có Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.

3.- Cada alumna/o só pode presentar unha solicitude de admisión, nela pode pedir ata 6 centros por orde de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

A solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.

4.- Chegado o caso de ter que aplicar o baremo ( número de solicitudes presentadas superior ao de prazas ofertadas polo centro), abrirase un prazo, de 10 días hábiles, contados dende o dia 21 de marzo para achegar, de forma presencial, a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar deste centro é:

“Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”

5.- As listaxes provisionais publicaranse o día 25 de abril.

      Prazo para formular reclamacións: do 26 de abril ao 7 de maio, ambos incluídos.

6.- Listases definitivas:15 de maio.

7.- Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

8.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son:

  • Servizo de transporte.

  • Servizo de comedor.

  • Servizo de madrugadores.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A ADMISIÓN

- Solicitude de admisión, ANEXO II, cuberta e asinada polos dous proxenitores.

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure a/o alumna/o e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio deberase achegar, ademáis, a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.

- Certificado de empadroamento.

XORNADAS PORTAS ABERTAS

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN. CURSO 2023/2024

       Están publicadas, no taboleiro de anuncios do centro, as Listaxes Provisionais do alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso.                                                                             Ábrese un período de 5 días hábiles, dende o 26 de abril, no que se poderá presentar reclamación ante o consello escolar do centro.

LISTAXE

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a Listaxe de solicitudes a baremar, cos números aleatorios de desempate que lle corresponden. Curso 2023/2024

NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO 2023 / 2024

 

O número de prazas dispoñibles, para o vindeiro curso, neste centro son:

 

             de Educación Infantil …………................. 25 ( 22+3 )

          5º de Educación Infantil ……………………......   5 

6º de Educación Infantil …………………….. 23

 

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO. CURSO 2024-2025

Todo o alumnado que estea cursando 6º de E.I. neste centro, ten dereito

obter unha praza no CEPLois Tobío, centro ao que estamos adscritos.

A solicitude de Reserva presentarase mediante o modelo

 

normalizado ED550Ae poderá facerse de dúas maneiras:

 

-Telemáticamente a través da aplicación:

 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

- De maneira presencial, na secretaría do noso centro, entre o 15

 

de xaneiro e o 5 de febreiro, ambos inclusive.

 

O formulario poderá descargarse na aplicación admisión

 

alumnado, no enlace ao pé desta información ou solicitalo no

 

centro.

 

O alumnado que non vaia continuar os seus estudos no CEP Lois

 

Tobío, terá que presentar a solicitude de Admisión no centro no

 

que queira obter praza, entre o 1 e o 20 de marzo.

 

En calquera dos dous casos, haberá que formalizar a matrícula

 

para o vindeiro curso, no centro onde se obtivera praza, do 20 ao

 

vindeiro curso, no centro onde se obtivera praza, do 20 ao 30 de

 

xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut