Para 4º de EI foron rexistradas máis solicitudes de Admisión que número de prazas oferta o centro, polo que será necesario presentar a documentación acreditativa de baremo. Data límite para a presentación de dita documentación: 11 de abril de 2024, inclusive. Horario de atención presencial, no centro: de 09:30 a 10:30. Normativa reguladora do proceso, onde se poden consultar os criterios de admisión: Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG do 11/02/2022) Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022)
Unha vez baremadas as solicitudes, polo Consello Escolar do centro, publicarase unha lista provisional o día 25 de abril e abrirase un prazo, dende o día 26 de abril ata o 7 de maio, para presentar reclamacións.