Skip to Content

Taboleiro

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 O vindeiro mércores, día 1 de marzo ás 16:30, recibiremos a todas as familias con nenos e nenas que o vindeiro curso 2023/2024 inicien a escolarización en Educación Infantil (nados no ano 2020),  para que poidan coñecer as instalacións do noso centro, o noso proxecto educativo e  tamén  recoller os impresos de admisión.

 

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

 

Poñemos en marcha é a creación dunha “Escola de nais e país”, o abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2018 ( DOG 7 de agosto de 2018 ) coa pretensión de crear un espazo de diálogo, formación, información e reflexión para toda a comunidade educativa. Neste senso realizaranse encontros e “charlas” informativas que pretendemos sexan do voso interese, que versarán tanto sobre  temas relacionados cos proxectos do centro ( consumo, alimentación,..) como de interese educativo que creemos redundarán sempre en beneficio das vosas fillas e fillos.

O vindeiro xoves día 20 de decembro ás 9:20 invitámosvos a primeira actividade, "charla", que versará sobre " Consumo no Nadal", impartida por técnic@s da Escola Galega de Consumo, no comedor escolar. Agardamos a vosa asistencia.

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2018-2019

O vindeiro mércores día 12 comenzamos un novo curso e damosvos a benvida.

As nenas e nenos de 5º curso (4 anos) e de 6º curso ( 5 anos ) comenzarán en horario completo de 9:20 a 14:20.

As familias que pediron servizos complementarios de transporte e comedor, en tempo e forma, obtiveron plaza, polo que poden facer uso dos mesmos dende ese mesmo día.

O alumnado de 4º curso ( 3 anos ), en periodo de adaptación, seguiran os horarios que lle foron entregados polas titoras na reunión inicial da pasada semana. 

Distribuir contido


by Dr. Radut