Skip to Content

Normalización e dinamización Lingüística

TALLERES DO SAMAÍN

Nas aulas disfrutamos con talleres de plástica: taller de globos terroríficos,taller de cabazas,taller de casas encantadas...

 

MURAIS DO MEDO

Decoramos a zona alta dos corredores con murais de monstros, caroutas e debuxos, realizados por todo o alumnado.

 

 

Domus Vi

Proxección na semana do Samaín dun conto de medo, realizado por DomusVi (xeriátrico de Viveiro).

TEATRO DE SOMBRAS

No Samaín disfrutamos co conto "Guapa(historia dunha bruxa e un ogro), representado con teatro de sombras e coa colaboración da equipa da biblioteca escolar.

O SAMAÍN

Cantamos a cantiga titulada: Xa ven Samaín de Iván Vale, profesor de música do CEP Lois Tobio de Viveiro, utilizando pictogramas á hora de cantala.

Esta cantiga tamén a cantamos ao alumnado de primeiro do CEP Lois Tobio e ao alumnado de quinto de primaria do CEIP de Cervo, a través dunha videoconferencia.

 

 

 

           

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

Unha escritora e nai do centro relatounos o conto de "Quen ven esta noite", a través dunha videoconferencia para cada grupo-clase.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

En colaboración ca equipa da biblioteca, comezamos un curso máis coa posta en circulación das mochilas viaxeiras.

Disfrutamos da proxección nas diferentes pizarras dixitais de cada grupo-clase de contos en galego, realizados polo profesorado, familias e alumnado.

 

 

OS VOSOS MAIOS

 Neste vídeo poderedes ver as vosas creacións artísticas sobre Os Maios... 

 

Erguete maio que tanto durmiches que pasou o inverno e ti non o viches...

 

 

LETRAS GALEGAS

Mariña (5º B) estes días centrouse nas Letras Galegas, facendo honra á lingua na que fala e participando nas propostas feitas polo Equipo de Dinamización Linguística do cole, polo que creou un retrato de Carvalho Calero, baseándose nunha caricatura de Siro. Unha forte aperta para tod@s.

Tamén nos manda unha caricatura de si mesma.

 
 
 
 

MAIO, MAIO...

 No mes de maio, no mes das flores, ven o maio pola calle de abaixo... Para conmemorar esta festa tradicional de Viveiro quixemos elaborar un pequeno vídeo lembrando moitos momentos vividos no cole nesta celebración da primavera. Adxuntamos o texto da canción dos Maios para que podades aprendela ou para recordala coa vosa familia.

 

Nesta ocasión convidámosvos a que fagades unha composición artística dos Maios, compoñer/construir flores colocando material de refugallo e/ou utensilios que teñades na casa, é dicir,  unha obra de arte efímera que non durará no tempo só a imaxe da mesma cando lle quitedes unha foto. A imaxe desta composición floral, flores ou flor poderedes enviala ao 646148944 ou ao correo familiassanroque@gmail.com. Tedes de prazo ata o venres 29 de maio, este incluído. 

 Animádevos a participar e a amosar a vosa creatividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut