Skip to Content

Normalización e dinamización Lingüística

Unha pomba dourada

Aprendemos a canción  Quen puidera namorala con música de Luis Emilio Batallán e letra de Álvaro Cunqueiro

Nadal 2013

En colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares e coa ANPA, festexamos estas datas cantando as panxoliñas ensaiadas nun pequeno concerto de Nadal; disfrutando coa visita do Apalpador e entregando as cartas; intercambiando as  postais e asistindo ó recital de música instrumental ofrecido polo Conxunto de vento-metal do CMÚS de Viveiro.

Postais amigas

Intercambio de postais entre tódolos nenos/as do cole. Cada neno/a elborarou a súa postal cunha mensaxe de Nadal, logo se meteron todas nun saco e cada neno/a sacou unha ó chou para levala á súa casa.

Panxoliñas polo Nadal

Preparamos unha panxoliña por cada nivel:

- 3 anos: Con un sombreiro de palla.

Carta para o Apalpador

Confeccionamos unha carta para que os nenos/as escribiran neste Nadal ó Apalpador.

O Apalpador

Elaboramos un Apalpador para a entrada do cole. Coñeceremos esta figura popular a través dos contos da biblioteca e dos recursos que hai na rede(xosgos, crebacabezas, cancións...). 

Desexos de Nadal

Adornamos a entrada do cole cun motivo escollido por cada grupo-aula(estrela, árbore de Nadal, calcetín, boneco de neve, reno, campás...). No mesmo escribimos un desexo de Nadal. 

Calendario 2014

En colaboración co equipo de Voz Natura, elaboramos un calendario relacionado co tema Coidado do mar e da praia. Cada grupo-aula elaborou unha ou dúas ilustracións para cada mes do ano acompañadas dunha norma ou dun consello que permita mellorar o estado do mar e das praias. Por exemplo: non collas animais vivos, non tires area, ...

Magosto 2013

En colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares e coa ANPA, celebramos o Magosto nas Nogueiras, bosque próximo á escola. Presenciamos o asado das castañas, repartimolas nas cestas elboradas para a ocasión, comémolas e cantamos todos xuntos a canción Castañas do teu Magosto.

Cestas para as castañas

Confeccionamos unha cesta, cun brik, na que aparece un refrán relacionado coas castañas, para cada nivel un diferente:

- 3 anos: A castaña no agosto quere arder, e no setembro, beber.

Distribuir contido


by Dr. Radut