Skip to Content

5º Infantil

Un montón de cousas..., da tempo a todo

Ola!!! Son Carmen Bouso Rego de 5º A. Envío algunha foto do que facemos pola casa estes días: pintamos, recortamos, xogamos... Ufff, un montón de cousas... da tempo a todo. Coidadevos moito e aproveito para mandar un besiño a tod@s e outro para a miña profe Candi e para os meus compañeir@s

 

Cousas divertidas en familia

 

Hola somos Hadriana de 5º B e Alesia de 4º B, estes días na casa estamos facendo moitas cousas divertidas con mama e papa, cociñamos, decoramos a nosa habitación de xogar, facemos castillos de princesas con rolos de papel vacíos e despois pintámolos, pintamos debuxos e tamén lemos muitos contos. Pasámolo muy ben pero botamos de menos o cole e sobretodo os nosos amiguiños. Temos a sorte de ter unha terracita e xogamos muito fora, aínda que chova poñemos chuvasquero e botas e a chapotear. Tamén aproveitamos para durmir xuntas xa que non hay que madrugar e pasámolo muy ben. Esperamos que todos esteades ben e que pronto podamos volver a normalidades. Biquiños para todos.
 
 
 

Palabras fermosas de Lucas

Lucas tiña as súas palabras moi claras!!!!! 

Unha aperta forte!
 

Astronauta, cabaleiro ou constructor...

Hola a tod@s!! Aqui vos mandamos algunha cousiña mais que esta a facer Raul (5º A) na casa.
O outro dia foi o seu cumpreanos e regalaronlle un conto do sistema solar, como lle gustou moito puxemonos a investigar e facer algun traballiño sobre o tema. 
Ademais disto fixemos algunhas das actividades que nos recomendastedes e xenial e tamen aproveitamos para facer algunha festa de disfraces, porque na nosa familia gustanos moito disfrazarnos!! 
 Por ultimo decirvos que Raul bota moito de menos os seus amigos e amigas e que lle tarda moito xogar con eles e a Candi tamen a bota moitisimo de menos, mandavos un biko para tod@s!!
 
 

Regalos superespeciais e outras cousiñas

Ola, son Antía de 5º A. Mándovos algunha foto do que facemos pola casa, a parte, claro, de xogar moito e descansar. Moito ánimo a tod@s. Fixemos regalos especiais, manualidades e axudamos moitísimo nas tarefas da casa. 

Coidádevos moito e un abrazo para todos, sobre todo para Candu, que aínda que a botamos de menos, Antía di que mellor estase na casa.

Desfrutamos en familia

Cremos que Mariña (5º B) naceu cun libro debaixo do brazo, os contos son moi importantes na súa vida polo que queremos que vexades o que goza coa lectura e conmemorar este mes de abril, o mes dos libros. Quérevos contar o conto Orellas de bolboreta

Amosarvos a súa encrucillada de palabras fermosas, proposta feita por Librín para este mes, así como, o seu debuxo do coronavirus. A isto queremos engadir o seu deseño de cohete, como o que usou o rato Paco para ir á lúa, o seu experimento con panos de papel, as súas creacións de cociña e a súa busca do tesouro

E a súa versión da canción Quedo na casa, creada por Irati, na que canta a dúo coa súa compañeira.

Valoramos moitísimo todo o que estamos facendo en familia pero precisamos atoparnos xa con todos/as vós, acariñar ás persoas que queremos e sentirnos libres. Moito ánimo!

 

Ánimo, un día máis é un día menos

Ola!!!Son Martina Gómez Quelle de 5ºA.

Aquí vos mando fotos dalgunhas das cousiñas que estou facendo durante esta tempada na casa: máscaras, a limacha e o caracol, e debuxos varios…

Dicir, que vos boto moito de menos a tod@s. Mándovos un montón de bicos.

¡Pronto nos veremos! ÁNIMO!!! , ¡Un día máis e un día menos!

 

 
 
 
 

Kits de lectura e busca do tesouro

Estes días fixen un par de cousas que me gustaría compartir con vós. Cun pau do médico, algo de témpera e goma Eva fixen unha guía para non perderme cando leo.

Ademais, os meus pais esconderon unha chea de pistas pola casa e tiven que buscar un tesouro, pero, como boa pirata, atopeino.
 
Carla Casabella (5º A)
 

Diversidade de actividades

O noso amigo Ángel de 5º A, quere ensinarnos estas activdades que estivo a facer durante estes días de confinamento: animaliños con distintos materiais, xogos na tablet, debuxos...

Pan caseiro

As nosas compis Aroa e Thalia de 5º, envíannos estas fotos facendo pan caseiro

Distribuir contido


by Dr. Radut