Mariña segue crecendo cos contos, con todos eses contos que nos contástedes e que contamos no blog da Biblioteca. Despois, de tantas historias e aventuras divertidas, a personaxe coa que se queda Mariña é a bruxa do conto Guapa, narrado pola familia López Díaz. Decidimos facer esa personaxe, nun obradoiro artístico que comezou o 23 de abril, día do libro, e que perdura no tempo… Ese mesmo día elaboramos marcapáxinas cos que Mariña quería agasallar aos seus curmáns, enviámosllos por correo, e unha flor para as mulleres da familia… Continuamos así, dando resposta ás propostas de Librín.
Ademáis dos contos, Mariña goza facendo ximnasia, deseñando circuitos pola casa, bailando, cantando, tocando a pandeireta e aprendendo a tocar o piano co seu pai.
Esperamos que esteades disfrutando coma nós das saídas ao aire libre, aínda que de momento non podamos vernos … Paseniño, paseniño… o conseguiremos. Ánimo!