A nosa comunidade educativa está de noraboa, vimos de recibir, tal e como aparece na Resolución que onte publicou a Consellería de Educación e Cultura na súa páxina principal, un dos premios do VIII Concurso de Traballo por Proxectos, en concreto co proxecto EMOCIONÁMONOS.
Un proxecto desenvolvido durante todo o curso pasado e que supón un recoñecemento a labor de todo persoal deste centro pero tamén a inestimable colaboración de todas as familias que o formamos. Resultou un proxecto moi significativo e, como non, emocionante no que tamén colaboraron alumnos do noso centro adscrito CEP Lois Tobío co mestre de música Iván Vale á cabeza, ó que damos as grazas dende aquí pola súas aportacións e moi bo facer, este premio tamén é para eles.
Isto reafirmanos na idea de que o traballo entre todos, en colaboración e harmonía, sempre suma e da moi bos froitos e non polos premios, que tamén, se non polo proceso e polos resultados finais que sin dúbida melloran a aprendizaxe significativa e a calidade da ensinanza dun centro que traballa arreo por mellorala cada día, por ende, por mellorar o futuro do noso alumnado e da sociedade en xeral.
Tamén supón unha alegría que outros dous centros da Mariña, xunto cos que formamos a Microrrede de bibliotecas escolares desta comarca dende os inicios, veñan de recibir cadanseu premio, para béns para eles tamén.