Skip to Content

SOMOS UNHA ESCOLA VISUAL

Presentamos a nosa candidatura a ser unha ESCOLA VISUAL da Fundación Orange, co obxectivo de fomentar a inclusión, cun traballo de formación para nós e moitas propostas para o alumnado. De entre 300 candidaturas presentadas de centros educativos de toda España somos un dos dous centro da nosa Comunidade Autónoma seleccionados. Así que  estamos de parabéns, o noso traballo por unha escola cada vez máis inclusiva vai dando os seus froitos

CURSO 2024-2025

CURSO 2024-2025 de EEI SAN ROQUE

COMEDOR ESCOLAR. LISTAS PROVISIONAIS

Está publicada no taboleiro de anuncios do centro a Relación Provisional de Admitidos e a de Reserva, do alumnado que solicitou o servizo de comedor escolar para o curso 2024/2025.

O prazo de reclamacións remata o vindeiro xoves, día 12 de setembro ás 14:20.

REUNIÓN XERAL

Convidamos ás familias, con fillas/os matriculados neste centro, a unha reunión coas titoras de cada grupo de alumnos o luns día 9 de setembro ás 18:00 horas.

TRÍPTICO LIMPEZA DO ENTORNO NATURAL

 

PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

E chegou a nosa quenda!! Despois de ser observadas polo profesorado do CRA Mestre Manuel Garcès o pasado 1 de marzo agora tócanos a nós facer a visita o próximo 19 de abril. 

Este programa permìtenos ter novas experiencias de cara a mellorar na nosa pràctica docente.

Estamos moi emocionadas e con moitas ganas!!

 

PARTICIPACIÓN EN PROXECTOS EUROPEOS ETWINNING

Coa finalidade de cofraternizar con centros escolares europeos perseguindo obxecruvos comunes, apuntámonos dende fai xa tres cursos a esta nova experiencia, os proxectos Etwinning. Este curso o alumnado de sexto de infantil està participando non só en un senón en dous proxectos:

 MY COMMUNITY, YOUR COMMUNITY, OUR WORLD

AGASALLOS DE NADAL: as nosas recomendacións

Como ben sendo de costume en tempo de Nadal achegámosvos unhas recomendacións de lecturas e xoguetes didácticos.

PRESENTACIÓN DA ANPA

CALENDARIO ESCOLAR. CURSO 2023/2024

 Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar
para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos
na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 16 de maio).

 

 

As clases darán comezo o día 11 de setembro de 2023 e

rematarán o día 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

     

       Períodos de vacacións:

       

           - Nadal:dende o día 22 de decembro de 2023 ata o 7 de xaneiro de                         2024, ambos incluídos.

 

            - Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

 

           - Semana Santa: dende o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de                                           2024, ambos incluídos.

 

 

          Días non lectivos:

 

             - Día do ensino: 7 de decembro de 2023.

 

             - De elección propia: 29 e 30 de abril de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut