Bo día a tódalas familias! Despois do alivio que supuxo onte empezar a poder pasear un pouquiño cos nosos nenos e nenas, parece que xa se empezan a ver as cousas con máis optimismo!
Seguimos con novas propostas!
Moitos d@s nen@s teñen dificultades de concentración, escoita, comunicación,...
Comunicarse vai unido a saber escoitar. Algo que parece tan simple e en cambio para moit@s nen@s é tan complicado. Un dos obxectivos clave e primordial é tentar conseguir que aprendan a escoitar, habilidade fundamental no día a día.
Por natureza son impacientes, distráense con facilidade, perden o interese e por tanto deixan de escoitar.
Traballando con nen@s é fundamental que poidan seguir instrucións simples para poder realizar as actividades ou xogos que lles propoñemos.
O xogo é a actividade natural d@s nen@s. A través del podemos traballar con eles diferentes tarefas que lles axuden a desenvolver diferentes capacidades. Ao xogar, ao participar e ao ensinar, eles memorizan a experiencia e o que aprenderon.
Hoxe vos propoño xogos que podemos facer para ensinarlles as habilidades básicas de comunicación, por exemplo a capacidade de escoita ou o respecto pola quenda de palabra… Estas habilidades son fundamentais para o seu desenvolvemento social, e contribuirán a crear unha comunicación rica e efectiva tanto no colexio como na familia.
Estes xogos ou actividades teñen que captar o seu interese, ser lúdicos, divertidos e á vez educativos. A nosa comunicación con eles deberá ser a través de frases curtas e directas, evitando distraccións e sempre mirándolles aos ollos.
A continuación explico algúns dos xogos que nos servirán para potenciar a escoita n@s nen@s e, á súa vez, traballar diferentes habilidades e capacidades como a atención, a concentración ou o respecto.
• “Escoita atenta”. Neste xogo imos ler un conto. Antes de empezar a lectura diráselles que fagan unha acción determinada (levantar a man, dar unha palmada…) cada vez que escoiten unha palabra determinada. É unha actividade moi boa para a discriminación auditiva.
• “Fun de compras”. Este é un xogo moi popular co que os nenos se divirten moito. @ nen@ ten que comezar dicindo «onte fomos de compras e compramos…» e agrega un elemento ao final (o tema que se queira) Por exemplo “onte fomos de compras e compramos lentellas” O seguinte ten que repetir o que dixo o anterior e engadir algo máis á lista (por exemplo lentellas e ovos). Así sucesivamente ata que xa non poida lembrar ou a lista sexa moi longa para eles. Tamén se poden utilizar outras oracións como «fomos ao espazo e vimos…» ou «fomos de vacacións e levámonos…». Este xogo ten como principal obxectivo traballar a memoria auditiva. Ás veces, para algúns é complicado; neste caso pódeselle axudar e reforzar dándolle unha pista ou axudarlle a lembrar un elemento da lista mediante unha pregunta.
• “ Simon di”. É importante recalcarlle na explicación que soamente levará a cabo a acción sempre que se diga diante “ Simon di”. Por exemplo, “ Simon di que nos toquemos a perna dereita” En ocasións, saltarémonos a parte de “ Simon di” para comprobar se prestan atención. Unha boa idea é deixar tamén que el@s sexan @s protagonistas e que eles sexan os que dan a orde.
• "Contar contos pochoclos": No conto pochoclo, cada persoa toma a súa quenda para agregar ao conto que se vai construíndo xuntos. A primeira persoa pode empezar cunha frase como “Unha vez vivía un dragón morado enorme…” e a seguinte persoa ten que usar as súas habilidades de escóitaa activa para incorporar o que acaba de escoitar no que agrega ao conto. Esta actividade pódese ampliar con tarxetas de debuxos...
• "20 preguntas": Neste xogo, a persoa a quen lle toca pensa nun obxecto que os outros participantes deben adiviñar. Pero só poden facer 20 preguntas de resposta si ou non para pescudar cal é o obxecto. Este xogo fai que os nenos pensen na información anteriormente compartida, xuntando todo para facer a mellor pregunta que lles outorgará a máxima cantidade de información.
Outra actividade que se pode realizar é con cancións que implican realizar as accións que imos escoitando, podemos deixar que vexan as imaxes que acompañan a canción, ou, se o queremos por máis difícil que so a escoiten e realicen o que a canción vai dicindo. Hai un montón, vos deixo algúns exemplos dalgunhas que temos utilizado na clase:
Agardo que o pasedes ben!