Skip to Content

Responder ó comentario

PAUTAS DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

Bo día! Hoxe quero compartir con vos unhas indicacións que axudan a mellorar a linguaxe nos nos@s nen@s.

A linguaxe oral é unha función e unha destreza que se aprende de forma natural, por unha serie de intercambios coa contorna social. A adquisición da linguaxe é un proceso evolutivo que segue o seu propio ritmo e curso. Estes non son iguais en todos os nenos. 

 

Que o teu fillo ou a túa filla pronuncien e articulen ben os sons, depende, en gran medida, de que vós, como nai e pai, ofrezades uns modelos correctos de pronuncia. No control da articulación interveñen decisivamente o oído, a respiración, o sopro e a capacidade de mobilidade dos órganos bucofonatorios (lingua, beizos, padal...). 

 

A continuación preséntovos unha serie de orientacións para a estimulación da linguaxe d@s vos@s fill@s: 

 

- Fálalle amodo e de forma clara. 

- Fálalle tan a miúdo como sexa posible.

- Fálalle correctamente e non imites a súa forma de falar. 

- Non lle atosigues porque che pareza que vai lent@, cada cal teñen o seu ritmo de pronuncia. 

- Dálle tempo para que responda as túas preguntas. 

- Sinala ou marca quendas de intervención. Tenta que respecte as quendas de comunicación. 

- Repítelle todo as veces que o necesite, pero sempre de forma natural. 

- Non corrixas inmediatamente as súas producións erróneas. Utiliza esa palabra nunha frase para que a escoite ben dita. (Exemplo: se di “o pero ladra” se lle pode dicir “o can que xoga con ese neno ladra moi forte”). 

- Non tentes correxir os erros fonolóxicos d@ nen@ (iso é labor da mestra), limítache a que che oia correctamente e comprenda o que queres dicir. - Adapta a lonxitude dos teus enunciados á capacidade d@ nen@. 

- Non rirse nunca dos erros fonolóxicos feitos pol@ nen@.

- Tenta que @ teu fill@ senta que lle comprendedes, fai esforzos por comprenderlle e que non se senta frustrad@.

 - Sempre que @ nen@ inicie unha conversación tenta que esta se manteña o maior tempo posible. 

- Se lle custa utilizar correctamente algunha das partes da oración ou as constrúe mal, ofrécelle o modelo correcto, pero tomando aquilo que dixo e repetíndollo correctamente.( Exemplo: se o di “é o seu coche do seu papa?” diríaselle: “Si, é o coche do seu papá.” 

- Dá “a volta” ás súas preguntas animándolle a pensar e a manifestar as súas opinións ( Exemplo: por que......? A ti que che parece?). 

- Aproveita as ocasións nas que @ nen@ goza contigo para falar con el/a, xoga con el/a, lelle contos, debuxa... 

- Realiza actividades c@ nen@, sobre todo aquelas que estimulen a linguaxe espontánea. 

- Elixe unha actividade que lle resulte motivante e atractiva para que esta provoque a súa linguaxe.

- Compórtate de forma “novata” co@ nen@, é dicir, pídelle que che explique as cousas que está vendo, o xogo co que esta xogando,... co fin de conseguir compartir cousas con el/a. 

- Despois de facer unha actividade interesante... comentade o que ocorreu, fálalle dese acontecemento, que che conte o que pasou, etc.

- Utiliza preguntas abertas. Anímalle a contestarche con algo máis que se ou non. Amplía as súas mensaxe. 

- Fálalle de persoas, feitos e lugares que estean presentes no contexto no que habitualmente vos atopades. Situacións de aquí e agora. 

- Facer colaxes con recortes de revistas e inventarse historias ou contos. 

- Dramatización- expresión corporal de contos. 

- Xogar a inventar historias con marionetas 

- Contar cousas de forma ordenada: que fixo antes e despois, que fará enseguida, logo... 

- Ir explicando onde se deixan as cousas, traballando hábitos de orde.

- Preguntarlle a miúdo polos seus xogos e escoitar as explicacións. 

- Xogar a adiviñar obxectos nomeando só algunhas características 

- Mirar con el contos e revistas e que diga os nomes dos obxectos que aparecen nas imaxes. 

- Contarlle contos facéndolle partícipe, pedíndolle axuda nalgún momento e facéndolle preguntas.

- Facerlle preguntas sobre cousas que ocorren na súa vida cotiá para desenvolverlle a capacidade de atención. 

- Ensinarlle cancións, adiviñas, refráns,... 

- Ver con el/ela un programa infantil de TV e preguntarlle sobre os personaxes, como se chaman, que facían... 

- Buscar diferenzas entre os debuxos case iguais.

- Xogar ao “Vexo vexo” 

- Saber a súa dirección completa.

- Que aprenda a lembrar o seu nome, apelidos, data de aniversarios, profesión dos pais... 

- Xoga a imitar sons da contorna, de animais ou persoas, ensínalle de onde proceden e anímalle a imitalos. 

- Fomenta o xogo imaxinativo, que xogue a peitear bonecas, a conducir, a xogar na granxa,... 

- Xoga a facer movementos cos beizos, como facer morriños, dar besiños, facer pedorretas...; coa lingua, lamerse os beizos, sacar a lingua fóra da boca, subila ata o nariz... 

- @ nen@ pode xogar a soprar muíños de vento, facer burbullas de xabón, soprar pitos, inflar globos... 

- É aconsellable controlar as manifestacións de ansiedade xa que unha situación relaxada favorece unha emisión máis abundante e fluída. 

- Evitar as rifas, os comentario despectivos ou castigos relacionados coa linguaxe. 

- Permanecer o máis preto posible del/ela cando se lle fale. Poñerse á súa altura. Miral@ directamente aos ollos. 

- Eliminar as correccións do tipo "iso non se di así", no seu lugar repetirémoslle a frase ou palabra de forma correcta, incluso ampliando a mesma, por exemplo, "a taxa é banca"/ "si, a casa é branca e grande". 

- É importante felicitar e premiar cada meta alcanzada. 

 

Responder



by Dr. Radut