Skip to Content

Blogues

Máis esculturas!

Seguimos coa arte! Bota unha ollada ás nosas esculturas, aproveitando o material de refugallo das merendas. Deste xeito, acadamos dous obxectivos ó mesmo tempo: desenvolver a nosa creatividade, e coidar do planeta!

 

 

Día da Muller e a Nena na Ciencia 2020

 

Este 11 de febreiro celebramos este acontecemento, polo que cada unidade participou nun mural adicado a seis grandes mulleres científicas como foron Mae Carol Jemison, Patricia Era Bath, Gloria Twine, Margarita Salas, Christine Darden e Margaret Collins. Amais, fixemos unha escolma de libros para visualizar e potenciar o papel feminino no eido da ciencia.

 

 

 

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2019

O pasado 25 de novembro celebramos esta data. Consecuentemente, na nosa escola realizamos unha serie de actividades para fomentar conceptos fundamentais como a igualdade entre mulleres e homes. Neste senso, levamos a cabo un enorme mural a modo de crebacabezas, con distintas linguaxes inclusivas (Pictogramas, etc.) no que participaron tódalas unidades deste centro, ademais de impulsar a lectura de obras sobre esta temática, que se expuxeron na entrada.

Día da Paz 2020

Con motivo do Día da Paz deste ano 2020, estamos a decorar a entrada da nosa escola con diferentes imaxes do libro "Imagine" inspirado no mítico tema de John Lennon, ilustrado por Jean Jullien e con prólogo de Yoko Ono Lennon. Ademais, elaboramos unhas chapas con estas mesmas imaxes, e na parte posterior, engadimos un código QR para escoitar a lexendaria canción do  ex-Beetle. 

 

 

 

 

 

Aproveitando o lixo!

Xa que estamos a traballar o tema do coidado dos animais que nos rodean, fixemos uso, unha vez máis, do material de refugallo das merendas (Fundamentalmente, os envases dos bebibles e os iogures) para crear este caracol. Desexamos que vos guste!

 

Marmelada de amorodos!

As nenas e os nenos de 5º curso elaboraron marmelada de amorodos!!! A continuación, explicámosche os principais pasos que seguimos, e que ti tamén podes seguir no caso de que desexes facela! Bota unha ollada tamén ás nosas instantáneas!

 

Pasos a seguir:

1.FOMOS Á HORTA MANCOMUNADA PARA RECOLLER OS AMORODOS

2.QUITÁMOSLLES O PEDÍCULO

3.ANTES DE COMEZAR A FROITA DEBES LAVAR!

4.PICAMOS OS AMORODOS

5.MACHUCAMOS OS AMORODOS

6.POÑEMOS A MARMELADA NO LUME A FOGO LENTO E DEIXÁMOLA FERVER UN POUQUIÑO.

7.GARDAMOS A MARMELADA NUN TARRO DE CRISTAL E DEIXÁMOLA ENFRIAR.  PARA QUE VOS DURE MÁIS, PODEDES POÑELA AO BAÑO MARÍA.

8.DEGUSTAMOS A MARMELADA. ESTABA BOÍSIMA!!

Imaxes imantadas!

Velaquí podedes ver unha pequena mostra de como aprendemos acerca da seguridade vial, mediante o uso de imaxes imantadas que colocamos sobre un póster. Deste xeito, imaxinamos que estamos na rúa, e debemos respectar as normas de circulación, tanto para vehículos, como para peóns. Tamén realizamos unha ficha. Bota unha ollada!!!

Esculturas!!!

É momento de poñer en práctica a nosa arte! Aproveitamos o material de refugallo das merendas (Envases, tapóns, caixas...) para crear estas esculturas. Bota unha ollada!

 

 

 

Percorrido polo Río Landro e a Ría de Viveiro

No pasado trimestre, o alumnado de 6º curso realizou unha saída didáctica pola contorna. Grazas a que gozaron dun estupendo día solleiro, puideron observar aves tales coma parrulos, e os propios peixes. Tamén admiraron a flora, concretamente, os xuncos. Asemade, viron elementos arquitectónicos fundamentais, como o muíño e o observatorio de aves. E ó voltar á aula, traballaron nunha ficha para afianzar estes contidos. Mira as imaxes!

 

 

 

 

Recollida de lixo no parque Pernas Peón

O pasado día 30 de setembro de 2019, tanto o alumnado de 5º coma o de 6º, visitou o parque máis famoso da nosa vila co gallo de recolectar o lixo. Para iso, puxémonos mans á obra, con guantes, bolsas, e o máis importante, a nosa conciencia ecolóxica sempre presente, para deixar ben limpos os nosos arredores. Por certo, saímos nos xornais!

Distribuir contido


by Dr. Radut