Skip to Content

Blogues

O polbo Pepito visitou os nosos fogares!!!

A mascota do curso de 3 anos “B” viaxou ás casas do alumnado deste curso! Desta maneira, Pepito celebrou o magosto, preparou a árbore de Nadal, etc. Ademais, as familias das nenas e dos nenos botaron unha man redactando os textos. Bota unha ollada ás imaxes!!

O polbo Pepito!

Na aula de 3 anos “B” estivemos a realizar actividades relacionadas coa nosa mascota, o polvo Pepito. Por conseguinte, levamos a cabo debuxos, fichas e outras accións, ás que podedes botar unha ollada a continuación.

 

Tartarugas na escola!

Como xa adiantamos en anteriores artigos, temos as nosas propias mascotas na escola. Trátase de dúas tartarugas que disponen do seu propio acuario, e que as nosas nenas e nenos alimentan e coidan tódolos días. Así, poden coñecer de primeira man, e nunca mellor dito, a relevancia do benestar dos animais que nos rodean.

 

Seguimos coas mascotas!

Cada educanda/o de 3 anos trouxo unha fotografía das súas mascotas, fundamentalmente cans e gatos, pero tamén tivemos un ave!. Deste xeito, continuamos a traballar neste Plan Proxecta, ensinando ó noso alumnado a valorar e respectar ós seres vivos que nos rodean.

Unha visita moi especial

Fai unas semanas, tivemos unha presenza realmente extraordinaria, a nosa amiga Tachi trouxo ó seu can Blues, para levar a cabo unha serie de actividades co alumnado de 3 anos. Deste xeito, aprenderon a valorar a relevancia dos animais, neste caso, as mascotas, como seres que merecen respecto e atención.

 

Viaxe ao Reino das Emocións 2020

O alumnado de máis idade da nosa escola, de 5 anos, empregou o xogo “Viaxe ao Reino das Emocións”, elaborado por parte da Fundación Meniños. Como podedes observar nas imaxes, existen diversas cartas como a da calma, de actividade, de expresión emocional, etc. Deste xeito, contribuimos a potenciar e mellorar a educación emocional das/os nosas pupilas/os.

 

Dragóns e bonecos!!

Neste caso, as nenas e os nenos de 4 anos levaron a cabo coas súas propias mans a elaboración de dragóns, aproveitando material de refugallo, en coherencia coa nosa idea de coidar do planeta. Ademais, crearon e pintaron bonecos ós que podes botar unha ollada! Tamén aprenderon unha canción que di así:

 

O dragón é máis grande ca un león

ten máis dentes, ten máis cola,

sáelle fume da cachola

 

O dragón, cal se fose enorme avión,

cruza o ceo, dá terror,

Como voa sen motor!

 

O dragón é amigo da dragoa,

e comparten no xantar,

a ración de pan de broa!

 

 

 

Chegaron os monstros!!!

Ó estarmos traballando a relevancia da educación emocional, o alumnado de 3 anos, aproveitando as caixas dos panos de papel, elaborou os seus propios monstros de diferentes cores, cada un representando unha emoción. Amais, tamén creamos monstros-folla, que tamén simbolizarían a tristeza, a alegría, o medo, o enfado e a sorpresa. Bota unha ollada ó traballo das/os nosas/os artistas!

Enterro da sardiña 2020

E que mellor maneira de rematar este tempo festeiro que co Enterro da sardiña? Emporiso, as nenas e nenos elaboraron un cinto con este peixe, tiznaron as caras, sacamos as propias sardiñas enlatadas á rúa, e as mestras vestímonos de viúvas. Ata o próximo ano 2021!!!

 

 

 

 

 

Entroido 2020

O pasado venres día 21 de febreiro celebramos o Entroido mediante un desfile polas rúas da nosa vila, Viveiro. Xa que estamos a abordar o tema da igualdade entre mulleres e homes, o noso alumnado disfrazouse, despois de traballar o conto "Ricitos de oso" de persoaxes dos contos clásicos, pero cambiando o seu xénero, por exemplo, convertemos a Peter Pan en moza!! Ou en lugar de Carapuchiña, Carapuchiño vermello!! Esperamos que vos guste!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut