Skip to Content

A horta do Alba

Proxecto Voz Natura: PLANTAMOS LEITUGAS

Este ano a avoa Lucía deunos leitugas para plantar na horta e a nai de Óscar trouxo sementes da rúcula que leváramos o curso anterior a casa. O luns fomos a horta a plantar.

O MILLO DE CARME

Vimos que a nosa veciña Carme tiña moito millo no campo e pedímoslle un pouco para experimentar na nosa mesa de experiencias.

 

ABONO PARA A NOSA HORTA

Para poder comenzar a plantar hortalizas na nosa horta tiñamos que por abono antes, fumos a casa dos veciños a que nos deran un pouco.

 

RECETA DE COCIÑA: APIO DA NOSA HORTA

Este ano recollemos apio na nosa horta e fixemos un batido de apio con mazá e avena. Qué rico estaba!

 

BIZCOITO DE CASTAÑAS

O noso compañeiro Derek foi a dar un paseo cos seus pais e colleu castañas, quixo tráelas á escola e compartilas cos seus amigos. Decidimos facer un bizcoito de castañas, que despois merendamos no bosque.

 

RECETA DE COCIÑA

Fomos a horta e recollemos espinacas para logo facer puré de espinacas e almorzar.

ESTABA RIQUÍSIMO..... 

RECETAS DE COCIÑA

Este ano recollemos da nosa horta tomates e despois fixemos pan con tomate para almorzar.

Distribuir contido


by Dr. Radut