Skip to Content

A horta do Alba

A nova horta

 Que duro traballo tivemos na volta destas vacacións, sacar e quitar as malas herbas....

Cal era a finalidade:

Deixar todo limpo para instalar as novas xardiñeiras.

 

 

 

 

 

PLANTAMOS CHÍCHAROS

 Despois de prantar as sementes na aula, levámolas para casa en canto medraron e houbo que transpantalas.

 

PLANTAMOS BROTES DE RÚCULA. OS CANGUROS

Este trimestre plantamos brotes de rúcula, para despois levar a casa  e facer unha ensalada.

 

 

Plantamos chícharos

Onte aproveitando que facía un sol enorme decidimos que era un bo día para plantar as sementes dos chícharos que tiñamos na aula. 

Así que puxemos máns á obra e saímos ao xardín para comezar co traballo. 

Primeiro fixemos as tarxetas identificativas para non esquecernos do que plantamos, así non teremos dúbidas cando fagamos a colleita!

 

Despois collimos terra, fixemos os buratos cos dedos e engadimos as sementes. 

 

 

Unha vez feita a etiquetaxe buscamos un lugar bo na aula, onde teñan luz, estean tranquilas e podan medrar.

Agora só nos queda agardar e coidalas moi ben. Nuns días seguro que xa vemos algún cambio!!! Xa vos contaremos!!!

Plantamos rúcula

OS KOALAS PLANTAMOS RÚCULA

EN ENVASES DE IOGUR,CANDO MEDREN

LAVARÉMOLOS PARA CASA PARA POÑELOS

NUN RECIPIENTE MÁIS GRANDE E A SEGUIR CRECENDO.

COMO MEDRARON, AGORA A COIDALAS EN CASA

 

 

 

A horta do Alba. Os Tigres e os Canguros recollen a colleita

No mes de febreiro a nosa  horta deunos algunhas hortalizas para levar a casa a cociñar.Levamos : espinacas, coliflor, verdura para facer un caldiño como o Coelliño Branco.

Aquí deixámosvos o conto do Coelliño Branco Musicado por si os apetece cantalo.Pinchade na foto

                                  

  

              

Distribuir contido


by Dr. Radut