Skip to Content

Aula do anano

Xogo en equipo na aula dos Elefantes

Este mes faremos diferentes xogos cooperativos, todos e todas teñen que traballar en conxunto para lograr un obxectivo final.

A finalidade do xogo de hoxe era levar as pelotas dun aro situado no inicio do equipo a outro aro situado no final do equipo.

Entre todos e con moi boa coordinación oobxectivo está conseguido.

 

 

 

 

VISITAMOS A PANADERÍA

 Hoxe fomos de visita a panadería a mercar uns boliños de pan     para facernos uns riquísimos bocadillos. Mirade que boa pinta       teñen antes de metelos no forno.

 

 

              Esperando impacentes a que saíran do forno.

 

 

             Agora síiii , mercamos os nosos boliños de pan

 

 

 

 

 

 

 

 Damos as grazas a tendeira é o tendeiro e marchamos a comelos

 

                        Que rico!!!!! co chourizo aínda saben mellor.

 

 

 

Día do Monicreque

Despois de celebrar o Dia Internacional do Monicreque, coas avoas do
Centro de Día D´LBA de Valadares. 
 
Cada aula tivo a oportunidade de xogar coa instalación que preparamos.
Así de ven o fixeron Os Elefantes.
 
Silencio ... que comeza  a obra de teatro. 
 
 

Semana da froita

                                

 

 

A vindeira semana teremos cinco froitas que iremos tomando no tempo da merenda. Esta actividade está incluída dentro do Plan Proxecta da escola.

Nesta semana da froita os Colibrís, Elefantes e Koalas terán  amorodos, plátanos,mazás, piñas e kiwis  , proporcionado pola escola. Os grupos farán a actividade de lavar, limpar e cortar para tomar a froita como merenda na súa aula.

Podedes colaborar explicandolles  esta  proposta de actividade aos vosos fillos/as e non traendo moita merenda.

Enquisa deportiva

 

Estimadas familias:

 

Estos dous últimos anos a escola está inmerssa nun proxecto de vida activda e deportiva PVAD. neste curso escolar precisamos a vosa colaboración cubrindo a enquisa que tedes ao final.

É unha enquisa anónima e voluntaria pero agradecemos a vosa participación xa que quedarán recollidas múltiples propostar para facer na escola.

Moitas grazas pola vosa colaboración

 

 

ENQUISA DEPORTIVA

Xogo de relevos

 
Montamos un circuito de aros ,un cono no final e con dúas filas de Koalas xa temos preparado un xogo de relevos.
Chocamos a man do compañeiro/a para que poida facer él tamén o seu percorrido.
 
 

Createctura

Coa axuda de Patricia de Createctura e dentro do noso Plan de Formación en xenerar espazos creativos, preparamos a Aula do Anano nesta instalación.
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut