Cada ano o chegar o día da infancia gústanos falar cos nenos e nenas dos seus dereitos,sendo un deles "Dereito a xogar". O cal lévanos a reflexionar que nós temos moitos xoguetes e outros nenos non teñen.Por iso decidimos participar na campaña" "Cada niño un juguete".Os nenos e nenas donan un xoguete que esté en boas condicións para que outro pequeno ou pequena podía xogar.
Esta campaña é unha iniciativa privada que leva xa anos activa, podemos decirvos, xa que nós tamén colaboramos con eles na nave, que os xoguetes sempre chegan ós nenos e nenas.
Se queredes contactar coa asociación podedes chamar a este teléfono, preguntando por Carlos
Teléfono: 622220859
ou no facebook: Cada niño, un juguete
DEBERÁN VIR DA SEGUINTE MANEIRA:
- OS XOGUETES VIRÁN LIMPOS, podedes limpalos con agua xabonosa.
- TEÑEN QUE VIR ENVOLTOS CON PAPEL CELOFÁN TRANSPARENTE E LAZO para que nenas, nenos ou familias que os reciban poidan ver o xoguete.
- AS MONECAS TERÁN OS VESTIDOS LAVADOS.
- SE TEDES XOGUETES CON PILAS VIRÁN NOVAS, pensade que o xoguete ven envolto e a decepción do neno ou nena que o recibe se non funciona.
- OS PUZZLES VIRÁN MONTADOS CON TODAS AS PEZAS.
SE PODEDES VIR Á ESCOLA AXUDARNOS A ENVOLVER ALGÚN DOS XOGUETES QUE XA TEMOS NA ESCOLA, O OBRADOIRO SERÍA POLA MAÑAN O MARTES 12 DE DECEMBRO 2023 DE 9.45- A 11:00.
O DERRADEIRO DÍA PARA ENTREGAR NA ESCOLA SERÍA:
19 DECEMBRO 2023
PENSADE QUE O VOSO FILLO OU FILLA PODERÍA SER UN NENO QUE RECIBISE ESTE XOGUETE.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN