Skip to Content

Camiñando imos visitar a "Corona"

Lembrades a Corona, a poldriña que naceu durante o confinamento, hai catro meses? Mirádea agora, que alta está!

Este mércores Carolina guiou a clase dos tigres ata o campo onde vive coa súa nai Rosina. Cando chegamos estaban comendo pan e avea, que lles encanta. Inda así deixáronse acariñar.

Alex, o irmán de Carolina, a quen pertencen as eguas, expricounos moitas cousas dsobre os cabalos. Grazas Alex!

Finlalmente Rosina, Corona e Alex sacaron unha foto connosco.

Despois continuamos o noso camiñar e fomos onda as ovellas que teñen no campo das cerdeiras que linda coa escola, alí démoslle pan, gústalles moito! Achegouse seguro o  carneiro, é moi peculiar,  ten pelo, non lá e o corpo cheo de manchas, e estábanlle a saír os cornos, as dúas ovellas femias eran máis tímidas e asustadizas.



page | by Dr. Radut