Skip to Content

Chegou o Meco

Mirade o noso Meco. Don Correidón, vaia nome, non?

Un pouco raro si que é, a quen ou a que se  parece?

 

Raro, si, pero....... mandar.........manda que mañá veñamos en pixama.

Vaia ocurrencia!

Xa sabedes que este curso por cousa do coronavirus non puidemos realizar os tradicionais "Obradoiros  de Entroido" onde contamos coa participación das familias, elaborando o Meco e axudando cos disfraces. Todo isto un día rematará e volveremos compartir estas  enriquecedoras experiencias de convivencia que están na esencia da nosa escola. 

Aínda así temos que agradercer a súa inestimable colaboración a Suso, que foi o creador do Meco, e a Quique, que lle prestou a voz. Moitas grazas!

VIVA O ENTROIDO 2021!



page | by Dr. Radut