Skip to Content

Abril 2020

Día Internacional do JAZZ

 

Hoxe celébrase o Día Internacional do Jazz

 Un punteo con o contrabaixo, un armónico co piano, o son dunha trompeta, os platillos de batería e finalmente a voz melodiosa do cantante. Podría tratarse do comezo dunha canción de Jazz, un estilo musical coñecido internacionalmente pola fusión de  estilos musicais de diversas procedencias e que logra unha expresión armoniosa á que son sensibles moitas culturas distintas. 

 

Follow the journey of a bear who becomes a musical sensation through his piano playing. He becomes famous and popular but misses his home and friends. This lovely story is read by teacher Goele Deckers who is also at the piano playing “ Sad Bear” accompanied by teacher Paula Davila playing the oboe. Enjoy!

 

 

Neste corto ides coñecer a Princesa Violoncello, da illa de Sinfonía, que é perseguida polo Saxofón da Illa do Jazz. 

 

 

 Vós creedes que un gato pode tocar Jazz, mirade este video e saldredes de dúbidas.

 

Día Internacional da Danza

  

 

En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO  o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde co nacemento do bailarín e  coreógrafo Jean-Georges Noverre.

 

O obxetivo do Día Internacional da Danza é reunir a tódalas persoas que escolleron esta forma de expresión para superar todo tipo de barreiras culturais, políticas e éticas e celebrar a danza e a  súa diversidade.

A través de movementos corporais podemos comunicarnos e expresarnos dende que nacemos. A danza é a unión da expresión corporal coun ritmo acústico.

A nosa proposta para hoxe é a seguinte:

1. Imos escoitar este video de Uxía Lambona

 

 

2. Podes bailar ao ritmo da música, xunto coa túa familia, grabalo e envialo ó correo da escola, para crear  cos demais compañeiros/as da escola unha nova peza musical. 

3. Podes aprender un pouco da letra (una liña, unha estrofa, o estribillo) grábate cantando e mandao o correo da escola. Pode ser un video  ou un audio.

eei.monte.alba@edu.xunta.es

4. Se os adultos queren aparecer no video xunto co seu fillo/a deberedes enviar firmada estaautorización ou o texto escrito por vós o correo da escola , onde nos autoricedes a reproducción da vosa imaxe.

Calquera dúbida podedes comunicarvos coa dirección da escola a través do correo.

 E se queredes un pouquiño de  música tradicional para danzar o seu ritmo podedes facelo desfrutando destas pezas musicais que nos adica a Familia de Xoán.

 

 

 
 
 
Cantares de Brión, onde toca e canta a mestra Elvira deixannos esta peza musical para cantar e bailar
 
 
 
Atopáchedes a mestra ????
 
Moitas  grazas  por  tódalas propostas para celebrar esta data.

Por fin fóra de casa

XA SAÍMOS DA CASA

 

 

  Bo día amiguiños e amiguiñas, que tal ese paseo que déchedes pretiño da vosa casa?

Seguro que foi moi moi especial e divertido volver a pisar  as beirarrúas aínda que non puideras xogar cos amigos.

Breixo e a súa familia queren agasallarte cun conto para que sepas o que tés que facer. Pincha na imaxe.

 

 

 Hoxe voute amosar algúns cortos , dos que traballamos " No Reino das Emocións" sobre a importancia do traballo en equipo, igual que fixemos estes días quedánnos todos en casa e axudando  nesta situación.

Eu quero saber como te sentiches cando puideches saír coa túa familia e crees un emoticono nun folio da túa emoción.

( podes buscar no móvil diferentes emoticonos ).

Con todos os que me enviades farei un collage xigante.

  

 

 

   

                       

 

Día do Libro

 

FELIZ DÍA DO LIBRO

 

Bos Días Canguros, Tigres e Botóns:

Hoxe teriamos na escola a celebración do Día do Libro, nesta data habería nos corredores da escola uns estantes cheos de  libros doados por vós para  intercambiar por outro libro.

Durante este mes os compañeiros/as do CEPP Igrexa Valadares,  do CEIPP Sobreira , os avós e avoas do Centro de Día do Polígono e tamén @s maiores do Centro D´Alba, ademais das familias que quixesen, virían contarnos moitos contos á escola.

Como agora non é posible celebralo desta maneira, podedes escoitar algúns contos que Os Botóns contaron o ano pasado ós seus compañeiros/as da aula.

A mestra  Goele, tamén vos deixa un conto:

Pincha na imaxe  

 A proposta é que fagades un minibook con esta historia, podedes imprimir o que creou Goele ou seguir as súas indicacións para facelo vós na vosa casa. (Tedes o ficheiro adxunto no final desta actividade)

Para escoitar os contos dos Botóns, pinchade na imaxe , o conto de  COMEZTE, está grabado en dous audios, o primeiro podedes escoitalo pinchando na imaxe e o segundo buscando o enlace o final desta porposta. 

  

 

 Espero que desfrutedes destes contos.

Un bico da FADA DO ALBA

Día Mundial da Creatividade e a Innovación

  

O 21 de abril, celébrase o Día Mundial da Creatividade e a Innovación, esta xornada foi promovida polo deseñador  publicitario Marci Seagal de Toronto (Canadá) para animar o seu equipo de colaboradores na empresa.

Está data coincide co nacemento de Leonardo da Vinci, pintor, escultor, arquitecto, urbanista, músico, botánico, cociñeiro,naturista...

Mirade todas as cousas que  a súa mente e as súas mans xeraron. 

 Queres crear algo tí tamén?????

Vouche deixar varias ideas, podes facer estas ou crear as túas propias, pasa un rato divertido e non  te esquezas de facerlle unha foto para que todos podamos ver a túa obra.

Construcción dunha ponte

         

fabricar un avión

crear un paracaídas 

 

Agora que traballaches tanto, descansa

escoitando esta canción. 

 Solta a creatividade

que levas dentro!

 

Leotolda

SE A MIÑA AMIGA LEOTOLDA MIRA ESTA PÁXINA VAI QUEDAR MOI CONTENTA CON TODOS OS RETRATOS DELA QUE ESTADES MANDANDO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe toca un CONTO sen final

Bo día rapaces e rapazas :

Seguro que botades de menos estar na biblioteca da escola e que as vosas mestras vos lean un conto.

Estiven buscando algún conto que nunca, nunca, nunca escoitarades .... e sabedes que aconteceu que atopeime con esta historia e agora estou moi preocupada.

 

Xa sabedes cal é  a miña preocupación????

 

Podedes axudarme ???

A vosa misión é facer o debuxo de Leotolda para que eu poida completar a páxina do libro que falta.

Deixade voar a voa imaxinación , utilizade soamente as cores propostas e seguide todas as pistas que vos deixan os seus amigos e amigas no conto.

Podedes enviarme os vosos debuxos  ao correo da escola ou o correo das vosas mestras.

Funcións Executivas

 

No mes de Marzo, tivemos unha nova maleta de experiencias que nos emprestou o CEFORE, centro de recursos educativos do concello de vigo.

A causa do COVID-19 , soamente a aula de Os Botóns, poido desfrutar un pouquiño destes xogos.

No próximo curso voltaremos a solicitarla.

Aquí tedes en imaxes un ratiño do xogo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTO: “A casa de Xoán”

 

Boas, amiguiñ@s:

Viaxando pola rede, atopei este  conto da nosa  tradición oral, un contiño que pasou de país-nais a fill@s durante moito tempo. Neste vídeo, Marta Ortiz cóntao en lingua de signos tamén. Algún destes signos xa os coñecedes, aprendémolos no obradoiro de lingua  de signos o curso pasado. A ver se cuando volvades ó cole sabedes contalo. 

https://m.youtube.com/watch?v=R1QFLGFd8H

 

Contáronme tamén que esta noite ás 21, o Circo do Sol ofrece un novo especial de 60’. Gozade do espectáculo:

https://www.cirquedusoleil.com/es/cirqueconnect

Ou en YouTube:

https://youtu.be/allVFq3P-4

 

Biquiños e apertas voadoras.

A Fada Alba, que nos libros anda

Día do Libro Infantil

Bos días amiguiñ@s do Alba, estanme chegando un montón de libros que vos gusta ler na vosa casa.

Algúns de vós envían a foto co seu libro favorito e outros compañeiros/as contan a historia que se atopa no libro.

Se pinchades nas imaxes do libro podedes oir o conto. 

Moitas  grazas  e podedes seguir participando. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



by Dr. Radut