Skip to Content

Marzo 2020

Coronavirus Conto

 

Ola, amiguiños e amiguiñas, seguro que estes días oides falar moito deste bechiño que non se ve pero que está a facer tanto dano, para poder coñecelo mellor, pinchade na imaxe. Entre tod@s faremos que se marche pronto. 

Coidádevos moito

 

22 de Marzo: Día Mundial da Auga

Pois, si, amiguiñ@s, e ademáis é domingo. Imos celebralo aprendendo e divertíndonos. Aprendendo a importancia que ten coidar o noso mundo, que está formado por o un 71% de auga, pero só un 3,5 % do total da auga é doce, ou sexa póde ser usada para beber, cociñar,regar, ...... Imos usala pero non malgastala.

Dende o pasado curso, participamos na capaña de Unicef  "Pingas para Níxer", reflexionando sobre as moitas dificultades que alí teñen para conseguir un vaso de auga potable. Somos humanidade e coidámonos uns ós outros. 

Esta é a nosa proposta: 

1. facede o cartel, pancarta de saída- chegada como mellor vos guste, poñendo o lema: Pingas para Níxer", logo pintade pingas, puntos, poñede mans, pés,.......usade os vosos recursos, materiais e humanos, toda a familia pode aportar.

2. un comité organiza o circuito da carreira, (se tedes xardín, será máis doado pero senón tampouco será un obstáculo imposible de superar, usade todos os cuartos da casa que conideredes); incluíde dar voltas naquela árbore,  tramos de camiñar saltando, outro agachados,....., vos veredes, facede un mapa coas istruccións. Botóns, tigres e canguros son membros natos do comité organizador.

3. Preparando a indumentaria para a carreira:

na cabeza: gorros de baño, piscina, tamén perrrucas, sombreiros da praia...., gafas de nadar, de mergullo, tubos,...

no corpo: chuvasqueiros, traxe de auga, neo prenos, bañadores, pero por riba da roupa senón non podedes saír na web.

nos pés, aletas, sandalias de piscina, chancletas, chanclos, botas de auga...

4. Preparad@s dete xeito, fotos divertidas na saída.

5. Preparados listas, xa... a correr!. Nenas e nenos terán vantaxe, na  casa e tamén no xardín podemos facelo por tempos.... o importante non é gañar senón participar.

6. na meta un vaso de auga para cada participante.

 

Animádevos, participade, mandade fotos. entre tod@s facemos a escola!

Pinchade aquí, hai unhas curtas da UNESCO

 

aquí unha mensaxe de Anna sobre o Coronavirus

 

 

 

 

DÍA DA POESÍA

OLA A TOD@S: 

COMO XA  SABEDES  ONTE ÁS 4,50 DA MAÑA, SI QUE MADRUGOU!

E TRÁS DELA CHEGA HOXE O DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE. 

 

   PARA CELEBRAR ESTE DÍA DEIXÁMOSVOS UN POEMA DE GARCÍA TEIJEIRO. SE PINCHADES ENRIBA TOPAREDES OUTRO POEMA, ESTOUTRO DE MANUEL MARÍA.  2X1, COMA NO SUPER.

PODEDES, ESTES DÍAS, BUSCAR E LER  ALGÚN POEMA, ESCOLLER UN QUE VOS GUSTE,  ESCRIBILO NUN PAPEL, CARTOLINA OU NUN CARTÓN, DESPOIS O DECORADES  E PODEDES COLGALO  NA CASA OU DARLLO A PAPÁ OU MAMÁ, CANDO VAIAN Á COMPRA OU SE VAN TRABALLAR, PARA QUE O COLGUEN OU PEGUEN NALGÚN LUGAR DO SEU CAMIÑO.

CELEBREMOS A PRIMAVERA, A POESÍA, A NATUREZA,....

 

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

A PROFE ELENA CONTOUNOS O CONTO DE ELENITA, A NENA QUE QUERÍA SER SOPLADORA DE VIDRO COMA O SEU PAI. EL NON LLE DEIXABA POR SER NENA PERO ELA, DISFRAZADA DE NENO MARCHOU A MONTERREY E ALÍ APRENDEU. OS HOMES FACÍAN BOTELLAS DE FORMAS DIVERSAS PERO ELENITA PODÍA SOPLAR ESTRELAS. 

OS BOTÓNS, QUE SON OS MAIORES  DA ESCOLA PINTARON UN FONDO DE RAIAS LILAS PARA O MURAL, E TAMÉN ESCRIBIRON UNHA CHEA DE NOMES DE PROFESIÓNS. 

TODA A ESCOLA COLABOROU PEGANDO AS PROFESIÓNS. COAS PALABRAS FIXEMOS 4 SÍMBOLOS DE MULLER.

E PEGAMOS ESTRELIÑAS PORQUE NÓS, COMO ELENITA, 

PODEMOS SER O QUE DEXESEMOS SER,

SOPLADORA DE VIDRO, CIENTÍFICA, DEPENDIENTA, INXENIEIRA, XARDINEIRA,....

 



by Dr. Radut