Skip to Content

Febreiro 2020

Día de Rosalía de Castro

O 27 de Febreiro, celeramos o día de Rosalía de Castro. 

 Viñeron a escola a mamá de Manu, a de David e a de Antía, e recitaron o poema de  "Cantares Gallegos", "Parece unha Rosa". 

Podes oir o poema se pinchas na imaxe

 

 

Entre todos fixemos un mural cheo de rosas que somos nós! 

Uns días antes, a Fada Alba, invitounos a buscarlle un transporte a nosa Rosalía e durante toda a semana estiveron chegando Rosalías montadas en coche, patinete, barco, avión, globo...... Temos na escaleira un fermoso recuncho rosaliano!

Se vos apetece saber algo da súa vida pincha nesta imaxe

CON DISFRACES DO CONTO DA GALIÑA MARCELINA

MIRADE QUE BONITOS NOS QUEDARON OS DISFRACES! 

 

 

 

 

 

HOXE IMOS ATA O TORREIRO, COAS AMIGAS E AMIGOS DE PRIMARIA, LOGO DOS BAILES E CANCIÓNS, COMEMOS FILLOAS E ....TAMÉN ORELLLAS.

14 de febreiro

Este día celébrase o amor, que ten moitas caras, unha delas é o cariño que sentimos cara ás nosas amigas e amigos. Un bo día para celebrar a amizade.

Vimos o conto de "Mainú e a amizade",  contado en lingua de signos. (Queres velo?, pincha na imaxe.)

e marcamos as nosas mans nos bancos.

Agora son os nosos "bancos da amizade", cando precises unha aperta, falar con alguén ou simplemente compartir tempo cun amigo, senta nun deles e a maxia da amizade comezará!

 

Día da muller e a nena na ciencia

      

 Martes 11 de febreiro

Visitounos Lorena, que traballa en Pescanova, no laboratorio, buscando as bacterias nocivas para a saúde, coidando de que os alimentos cheguen á nosa cas en bo estado 

  

 

Expricounos moitas cousas do seu traballo, das ferramentas que usa, microscopio, tubos de ensaio, placas de cultivo,... 

Ó final entregounos un punto de lectura conmemorativo desta data e tamén uns caramelos.    

Grazas Lorena!!



by Dr. Radut