Skip to Content

Decembro 2019

Actividade Xoga coas Manciñas

O MARTES ESTIVO NA ESCOLA, DAVID, UN MONITOR DE XOGA, A ORGANIZACIÓN DE XORDOS DE GALICIA.

VEUNOS CONTAR A HISTORIA DE DULCE, UNHA NENA XORDOCEGA. FALOUNOS DAS COUSAS QUE LLE GUSTAN E  AS FERRAMENTAS QUE LLE AXUDAN A SE COMUNICAR E APRENDER. PARA SE COMUNICAR, USA A LINGUA DE SIGNOS, OS SEUS LIBROS ESTÁN EN BRAILLE, PARA PODELOS LER, PARA CAMIÑAR POLA RÚA, TEN UNHA VARIÑA MÁXICA, UN BASTÓN BRANCO E VERMELLO CO QUE PODE ELUDIR OS OBSTÁCULOS QUE SE PRESENTAN. 

 

DAVID CONTOUNOS EN LINGUA DE SIGNOS, O CONTO PREFERIDO DE DULCE, O MOSTRO DAS CORES. E DEIXOUNOS USAR O BASTÓN DE DULCE. QUE DIFÍCIL NON TROPEZAR COS AMIGOS......QUE RISAS!

LEMBRADES QUE EN XUÑO GANAMOS O 1º PREMIO DO XOGA COAS MANCIÑAS POLA INTERPRETACIÓN DA CANCIÓN O RARO CAN EN LINGUA E SIGNOS?

POIS ESTE FOI O NOSO PREMIO.

 

 

Visitamos Radio Valadares. Escóitanos!

 

Estes días , que saiu o sol, fomos ata o centro cultural onde está ubicada Radio Valadares. Alí Yoli, a xornalista responsable das emisións da radio do barrio,explicounos como funciona, estivemos moi atent@s ás súas explicacións. Falamos, cantamos, as veces tamén calamos. Pasámolo moi ben. 

Con todo este material, Yoli que é unha gran profesional, editou as gravacións que  poderedes escoitar pinchando nos seguintes enlaces. 

aquí os botóns a partir do minuto 31. 

Para escoitar os tigres pinchade aqui a partir do minuto 46. 

Escoita os canguros, pinchando aquí a partir do minuto 18.  

Grazas Yoli, repetiremos a esperiencia.

Escoitade Radio  Vladares no 106.1 FM. 

 

 

 

 

 

 

Obradoiro de Igualdade

Camiña con nós pola igualdade

 

É un programa educativo desenvolvido dende a Consellería de Igualdade do Concello de Vigo, cuXa finalidade é fomentar a educación en igualdade de oprotunidades entre nenas e nenos dende  a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

A nosa colaboradora foi ELSA, fíxonos relfexionar sobre os xoguetes, a roupa  e os colores, xogando a descubrir se son diferentes para os nenos que para as nenas.

Foi moi interesante saber as opinións dos Botóns, pois nalgunhas cousa estaban de acordo pero noutras tivemos diferentes opinións.

Seguiremos traballando con Elsa noutras sesións ao longo deste curso escolar.

 

 

 



by Dr. Radut