Dinamización Lingüística

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGüÍSTICA

 

MAIO, MES NO QUE SE CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ESTE ANO 2020, O ESCRITOR HOMENAXEADO É RICARDO CARVALHO CALERO, PERO POR RAZÓNS DE PESO, A REAL ACADEMIA GALEGA, APRAZOU OS ACTOS INSTITUCIONAIS PARA O VINDEIRO 31 DE OUTUBRO.

 

A PESAR DE TODO ISTO, FESTEXAREMOS O DÍA 17 DE MAIO DUN XEITO MOI ESPECIAL ,E CON MOITO AGARIMO, MOSTRÁNDOVOS MOITOS ENLACES ONDE PODEDES ATOPAR MOITAS ACTIVIDADES E RECURSOS PARA PODER COÑECELO DUN XEITO MÁIS DINÁMICO E DIVERTIDO PARA OS NENOS/AS.

En vésperas da conmemoración do 17 de maio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Xa se poden ver en:

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html

 

Ademais destes materiais e das numerosas actuacións dos centros educativos que aparecen na sección do Día das Letras Galegas (https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas), tamén vos serán moi útiles estoutros recursos:

 

- A colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez. Tédelas en: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.html.

 

- O proxecto As pitas baixo a choiva da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica. Tedes todo en: http://aspitas.gal/

 

O libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, tarefas interactivas para realizar en liña, adaptadas para alumnado con NEAE, biografías, carteis, e ata un álbum fotográfico. Están en: http://seminariogalan.org/

 

-Primavera das Letras/Unha iniciativada Real Academia Galega: http://seminariogalan.org/

 

 

Así mesmo, animámosvos a participar nas seguintes iniciativas:

  

- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos  nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas. O prazo de presentación remata o 31 de maio. Dispoñedes das bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0112/certame-infantil-artes-plasticas-feiraco-2020

 

 

 

OS BOLECHAS. CARVALHO CALERO

Os Bolechas. Carvalho Calero

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Pincha na imaxe

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESTA É A MIÑA PALABRA FAVORITA EN GALEGO...

 

 

III PROPOSTA DE TRABALLO

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGüÍSTICA

III PROPOSTA DE TRABALLO




ESTA SEMANA CONVIDAMOS AOS NOSOS NENOS E NENAS A “XOGAR EN FAMILIA” .

TRATAREMOS DE FACER “MEMORIA E PREGUNTARLLE AOS NOSOS/AS AVÓS/AS” E BOTAR MAN DE “XOGOS TRADICIONAIS”, AQUELES XOGOS QUE FORMAN PARTE DA NOSA CULTURA E PATRIMONIO, QUE CONSTRÚEN A NOSA IDENTIDADE E QUE SON TRANSMITIDOS DE XENERACIÓN EN XENERACIÓN.



A MARIOLA.

 

MARCAMOS OS CADROS NO CHAN E CUN OBXECTO MAIS OU MENOS PLANO, XA PODEMOS EMPEZAR A XOGAR. CÓMPRE IR BRINCANDO Á PATA COXA POR CADA UN DOS RECADROS E PARA FACERMOS QUE O OBXECTO VAIA AVANZANDO.

AS SETE E MEDIA.

 

MARCAMOS NO CHAN UN RECTÁNGULO DIVIDIDO EN OITO ESPAZOSNUMERADOS DO 1 AO 7 E UN OITAVO ESPAZO CUN ASTERISCO (A MEDIA). AS PERSOAS QUE VAIAN XOGAR COLOCARANSE A UNHA BOA DISTANCIA DOS RECADROS 1 E 2. CADA XOGADOR OU XOGADORA LANZARÁ DOUS OBXECTOS, TENTANDO SUMAR SETE E MEDIA OU FICAR O MAIS PRÓXIMO POSIBLE A ESE VALOR.

A ZOADEIRA.

 

UN CORDÓN E UN BURACO SON DABONDO PARA ESTE XOGO. PASAREMOS O CORDÓN POLOS FURADIÑOS DO BOTÓN E ATEREMOS OS DOUS EXTREMOS. COLLÉMOLOS COS DEDOS POR SENLLOS EXTREMOS E DÁMOSLLES UNHAS VOLTAS; SE O BOTÓN XIRA E ZOA SEN PARAR É QUE O FIXEMOS BEN!.

AS BÓLAS.

 

HAI MOITA VARIEDADE DE XOGO DE BÓLAS E PODÉMOLAS ADAPTAR Á IDADE DE QUEN XOGUE. PODEMOS XOGAR A DEIXAR A BÓLA O MAIS CERCA POSIBLE DUNHA RAIA, A BATER O MAIOR NÚMERO DE VECES POSIBLENAS NAS BÓLAS DO RESTO DE PERSOAS QUE XOGUEN…

O PEÓN.

 

OU BUXAINA, OU TROMPO… UN XOGUETE DE MADEIRA QUE BAILA SOBRE UNHA PUNTA DE METAL CO IMPULSO DUN CORDEL.

AS CHAPAS.

 

DEPENDENDO DAS IDADES, PODEMOS REALIZAR DIFERENTES ACTIVIDADES COAS CHAPAS. OS/AS MAIS PEQUENOS/AS TERÁN QUE PASAR UN CAMIÑO MARCADO NO CHAN EN FORMA DE SERPE (SE ALGUÉN SE SAE DO CAMIÑO NON TERÁ QUE VOLVER AO PRINCIPIO). PARA OS/AS MAIS MEDIANIÑOS/AS, ESTIRAREMOS O CAMIÑO (SE ALGUÉN SE SAE DO CAMIÑO SÍ TERÁ QUE VOLTAR AO PRINCIPIO). PARA OS/AS MÁIS GRANDES, COLOCAREMOS OBSTÁCULOS NO CAMIÑO; CÁRCERE, POZO, AREAS MOVEDIZAS, MORTE,… QUEN CAIA EN ALGÚN DESTES OBSTÁCULOS, PASARÁ UNHA, DUAS, TRES VECES SEN TIRAR, OU MESMO TERÁ QUE ESCOMEZAR O XOGO.

OS PELOUROS.

 

PRECISAMOS CINCO PELOUROS (PEDRAS LISAS E REDONDEADAS). PRIMEIRO, A PERSOA QUE EMPEZA LANZA OS CINCO PELOUROS AO AIRE E INTENTA COLLER UN PELOURO, QUE SERÁ A “A COUTADEIRA”. DESPOIS LANZA ESTA AO AIRE E TENTA COLLER UN PELOURO DO CHAN; SUCESIVAMENTE FARÁ O MESMO COS OUTROS TRES. EN TERCEIRO LUGAR, LANZARÁ A COUTADEIRA AO AIRE E COLLERÁ DOUS PELOUROS DO CHAN; FARÁ O MESMO COS OUTROS DOUS QUE QUEDANBAN. DE SEGUIDO FARÁ O MESMO COLLENDO TRES E DESPOIS O ULTIMO. PARA REMATAR, TENTARÁ COLLER OS CATRO PELOUROS Á VEZ. CANDO SE FALLA, PÁSASE A VEZ.

 

 ESTAS SON ALGUNHAS DAS NOSAS PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA, ESPEREMOS QUE AS DISFRUTEDES E QUE NUNCA DEIXEDES DE APRENDER XOGANDO.

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer