Dinamización Lingüística

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGüÍSTICA

 

FESTA RACHADA!! FESTA DA LINGUA!!

ESTA SEMANA  CONVIDAMOS AS NOSAS FAMILIAS A BAILAR CO GRUPO PESDELÁN “NA PUNTA DO PÉ”.

 


UN PROXECTO DE MÚSICA PARA BAILAR COA NOSA FAMILIA, QUE ESTÁ COMPOSTO POR TEMAS GALEGOS, QUE NOS TRANSPORTAN ÁS NOSAS RAÍCES. QUE NOS VAN A PROPORCIONAR UNHA SEMANA CHEA DE MÚSICA, RISAS E BAILES.

 

 

 

A CANCIÓN COA QUE VOS PROPOÑEMOS TRABALLAR É “A MUIÑEIRA DE PESDELÁN”, DEIXAMOS O ENLACE PARA APRENDER A BAILALA;

https://www.youtube.com/watch?v=tBL-0cIbBAM

https://www.youtube.com/watch?v=DKonofM-vPw

 

 

E COMO NON SE PODE FACER FESTA SEN INSTRUMENTOS NUSICAIS, ESTA SEMANA VÓS INVITAMOS A FACER INSTRUMENTOS MUSICAIS COS VOSOS PEQUENOS/AS CON MATERIAL DE REFUGALLO. ESTOS SON ALGÚNS EXEMPLOS;

 

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á vosa disposición unha importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que vos poden ser moi útiles nesta situación de confinamento. Entre outros, destacan os relacionados coa celebración do Día do Libro (videocreacións, booktrailersbooktubers…). Tédelos en:


https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Dia_do_Libro/


https://www.cultura.gal/gl/aculturasegue
 
Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparedes unha gran variedade de recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais, pasatempos, xogos…). Mirade en:


https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

 

 

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGüÍSTICA

 

Bo día nenos/as!!!

Con esta páxina os mestres/as do Fernández Varela, perseguimos un obxectivo moi concreto e importante; ACADAR que OS NOSOS CATIVOS/AS GOCEN E DISFRUTEN DO SEUS CONTIDOS, de tal xeito que,  se transformen nunha correa de transmisión da nosa riqueza e patrimonio cultural a vós, familias.

 

DENDE ESTE EQUIPO, esta semana queremos propoñervos un enlace que nos pareceu moi interesante, para poder ollar cantareas, xogos, trabalinguas, caricias no colo,… e onde tamén podedes deixar as vosas aportacións.

https://orellapendella.gal/

 

 

E como  non podía faltar a nosa proposta musical para esta semana, “CARAPAUS-XOTA O MANUEL”, unha xota que nos anima a BAILAR, DANZAR e sobre todo EMPREGAR O NOSO IDIOMA.

 

“UNHA APERTA ENORME PARA TODOS OS NOSOS PEQUES E PARA AS SÚAS FAMILIAS”

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer