III PROPOSTA DE TRABALLO
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGüÍSTICA
III PROPOSTA DE TRABALLO
ESTA SEMANA CONVIDAMOS AOS NOSOS NENOS E NENAS A “XOGAR EN FAMILIA” .
TRATAREMOS DE FACER “MEMORIA E PREGUNTARLLE AOS NOSOS/AS AVÓS/AS” E BOTAR MAN DE “XOGOS TRADICIONAIS”, AQUELES XOGOS QUE FORMAN PARTE DA NOSA CULTURA E PATRIMONIO, QUE CONSTRÚEN A NOSA IDENTIDADE E QUE SON TRANSMITIDOS DE XENERACIÓN EN XENERACIÓN.
A MARIOLA.
MARCAMOS OS CADROS NO CHAN E CUN OBXECTO MAIS OU MENOS PLANO, XA PODEMOS EMPEZAR A XOGAR. CÓMPRE IR BRINCANDO Á PATA COXA POR CADA UN DOS RECADROS E PARA FACERMOS QUE O OBXECTO VAIA AVANZANDO.
AS SETE E MEDIA.
MARCAMOS NO CHAN UN RECTÁNGULO DIVIDIDO EN OITO ESPAZOSNUMERADOS DO 1 AO 7 E UN OITAVO ESPAZO CUN ASTERISCO (A MEDIA). AS PERSOAS QUE VAIAN XOGAR COLOCARANSE A UNHA BOA DISTANCIA DOS RECADROS 1 E 2. CADA XOGADOR OU XOGADORA LANZARÁ DOUS OBXECTOS, TENTANDO SUMAR SETE E MEDIA OU FICAR O MAIS PRÓXIMO POSIBLE A ESE VALOR.
A ZOADEIRA.
UN CORDÓN E UN BURACO SON DABONDO PARA ESTE XOGO. PASAREMOS O CORDÓN POLOS FURADIÑOS DO BOTÓN E ATEREMOS OS DOUS EXTREMOS. COLLÉMOLOS COS DEDOS POR SENLLOS EXTREMOS E DÁMOSLLES UNHAS VOLTAS; SE O BOTÓN XIRA E ZOA SEN PARAR É QUE O FIXEMOS BEN!.
AS BÓLAS.
HAI MOITA VARIEDADE DE XOGO DE BÓLAS E PODÉMOLAS ADAPTAR Á IDADE DE QUEN XOGUE. PODEMOS XOGAR A DEIXAR A BÓLA O MAIS CERCA POSIBLE DUNHA RAIA, A BATER O MAIOR NÚMERO DE VECES POSIBLENAS NAS BÓLAS DO RESTO DE PERSOAS QUE XOGUEN…
O PEÓN.
OU BUXAINA, OU TROMPO… UN XOGUETE DE MADEIRA QUE BAILA SOBRE UNHA PUNTA DE METAL CO IMPULSO DUN CORDEL.
AS CHAPAS.
DEPENDENDO DAS IDADES, PODEMOS REALIZAR DIFERENTES ACTIVIDADES COAS CHAPAS. OS/AS MAIS PEQUENOS/AS TERÁN QUE PASAR UN CAMIÑO MARCADO NO CHAN EN FORMA DE SERPE (SE ALGUÉN SE SAE DO CAMIÑO NON TERÁ QUE VOLVER AO PRINCIPIO). PARA OS/AS MAIS MEDIANIÑOS/AS, ESTIRAREMOS O CAMIÑO (SE ALGUÉN SE SAE DO CAMIÑO SÍ TERÁ QUE VOLTAR AO PRINCIPIO). PARA OS/AS MÁIS GRANDES, COLOCAREMOS OBSTÁCULOS NO CAMIÑO; CÁRCERE, POZO, AREAS MOVEDIZAS, MORTE,… QUEN CAIA EN ALGÚN DESTES OBSTÁCULOS, PASARÁ UNHA, DUAS, TRES VECES SEN TIRAR, OU MESMO TERÁ QUE ESCOMEZAR O XOGO.
OS PELOUROS.
PRECISAMOS CINCO PELOUROS (PEDRAS LISAS E REDONDEADAS). PRIMEIRO, A PERSOA QUE EMPEZA LANZA OS CINCO PELOUROS AO AIRE E INTENTA COLLER UN PELOURO, QUE SERÁ A “A COUTADEIRA”. DESPOIS LANZA ESTA AO AIRE E TENTA COLLER UN PELOURO DO CHAN; SUCESIVAMENTE FARÁ O MESMO COS OUTROS TRES. EN TERCEIRO LUGAR, LANZARÁ A COUTADEIRA AO AIRE E COLLERÁ DOUS PELOUROS DO CHAN; FARÁ O MESMO COS OUTROS DOUS QUE QUEDANBAN. DE SEGUIDO FARÁ O MESMO COLLENDO TRES E DESPOIS O ULTIMO. PARA REMATAR, TENTARÁ COLLER OS CATRO PELOUROS Á VEZ. CANDO SE FALLA, PÁSASE A VEZ.
ESTAS SON ALGUNHAS DAS NOSAS PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA, ESPEREMOS QUE AS DISFRUTEDES E QUE NUNCA DEIXEDES DE APRENDER XOGANDO.