2013-2014
FRORES DO MEU AMIGO
O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DO CRA INICIOU ESTE CURSO UNHA NOVA AVENTURA DE LECTURA COMPARTIDA.
A PRIMEIRA SESIÓN DESENVOLVEUSE NA ESCOLA DO PAZO O XOVES 12 DE DECEMBRO.
ver
Magosto Vacariza 2013
Mirade o ben que o pasamos no magosto que se celebrou en Vacariza:
- APIs de Blogue
O QUE DURA O LIXO NA TERRA (2)
COMPARADE VÓS TAMÉN.
DÚAS SEMANAS DESPOIS DE INICIADO O EXPERIMENTO, O PLÁSTICO E O PAPEL DE ALUMINIO SEGUEN IGUAL. PERO A TONA DA MANDARINA SEMELLA OUTRA.
E, QUE ESTÁ A PASAR COA TONA DO PLÁTANO?
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
LANDRAS
NON HABENDO HOXE EN DÍA CASTREXOS QUE MOAN AS LANDRAS PARA FACER FARIÑA...
OS FROITOS DOS CARBALLOS CONVÉRTENSE NA COMIDA DALGÚNS ANIMAIS (PORCOS, GAIOS, ESQUÍOS,...) OU EN CARBALLOS BEBECHIÑOS.
NA ESCOLA QUIXEMOS FACER UN VIVEIRO DE CARBALLIÑOS E COIDALOS ATA QUE AGROMEN NA VINDEIRA PRIMAVERA
E MENTRES,
HABEMOS DE AXUDARLLE Ó ESQUÍO A APAÑAR TODAS AS LANDRAS QUE QUEIRA...
Aula de 3 e 4 anos
- APIs de Blogue
HERBA BRANCA
NAS MAÑÁS DE FRÍO, MOITO FRÍO, CLARA OBSERVA QUE A HERBA DO SEU XARDÍN VIROU BRANCA.
QUE É O QUE AÍ PASOU?
Cruceiro 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
CAMPAÑA SOLIDARIA
A ANPA IRMÁNS ÍNSUA LANZA NO NOSO CENTRO UNHA NOVA CAMPAÑA SOLIDARIA E SOLICITA A COLABORACIÓN DE TODOS NÓS NO
PROGRAMA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, ROUPA E XOGUETES PROMOVIDA POLOS SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO DE RIANXO
ARTE DE OUTONO
CANDO NOS DECIDIMOS A BUSCAR UNHA OBRA DE ARTE DE OUTONO ATOPAMOS ESTA.
GUSTOUNOS MOITO,
E ADEMÁIS TIÑA AS CORES DA NOSA CANCIÓN DO OUTONO!!!
DE SEGUIDO PUXÉMONOS A BUSCAR O TÍTULO, PERO NON O ATOPAMOS.
POR ISO DECIDIMOS INVENTARLLE UN, OU DOUS:
ÁRBORE DO OUTONO SEÑORA DO OUTONO
(Pois o que para uns era unha árbore para outros era unha señora)
ESTAS SON ALGUNHAS DAS NOSAS REPRODUCCIÓNS:
PLANTAMOS BULBOS DE OUTONO
No Samaín aprendemos mooooitas cousas, entre elas, que nalgunhas vilas galegas, entre elas Rianxo, aínda se acostuma a cultivar flores nas casas para levar aos defuntos ao día seguinte da noite de Samaín. Pois ben, nós tamén imos cultivar as nosas flores. Luis, o papá de Sergio, tróuxonos catro especies de bulbos que, cando xerminen han ser ben fermosos e nós vimos as partes dun bulbo, buscamos as súas fotos en internet para ver como van locer no xardín cando medren e despois...
Vendo as partes do bulbo: raíz, bulbo e talo
narcisos xacintos iris ixias
En tarros de cristal cada un de nós "plantou" o seu xacinto; agora só queda ir vendo como medran...
Tamén, coa axuda das familias que nos prepararon o terreo, puidemos plantar nun recuncho do noso patio, ixias, narcisos e iris.
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA AXUDA!!!
- APIs de Blogue
OS DEREITOS DOS NEN@S
HOXE ESTIVEMOS TRABALLANDO A CONSTITUCIÓN!!!! QUÉ PALABRA MÁIS DIFÍCIL DE PRONUNCIAR!!!!! CONCRETAMENTE O APARTADO DOS DEREITOS DOS NENOS
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »