2013-2014
BO NADAL !
Chegou o Nadal ás nosas escolas e os nenos e nenas de Relixión do CRA de Rianxo queren desexarvos un moi BO NADAL a todos e a todas. Nestas datas tan entrañables os nosos nenos/as querían felicitar as súas familias, e como xa sabedes que aos nenos/as de Relixión gústanos moito facer agasallos, este ano agasallamos as nosas familias cun libriño de Nadal onde recollemos os traballos que fixemos ao longo deste mes de decembro.
O primeiro xa o coñecedes é unha Candea de Advento o segundo, como non, é un precioso Portal de Belén. Nestes últimos días traballamos moito
limos e repasamos a historia do Nadal
coloreamos e decoramos os nosos portais, bueno menos os nenos de tres anos que fixeron un neniño Xesús:
os de 4 e 5 anos fixemos o seguinte portal:
E os de 1º Ciclo de Primaria fixeron o seguinte:
Non digades que non quedaron chulísimos! Pero ademais de todo isto tamén o pasamos moi ben e nos demos moito cariño:
E por último, pensando en todos vós se nos occorreu poñer uns simpáticos gorros de Papa Noel e facer unhas fotos para vos felicitar as festas:
Como cada ano, queremos desexarvos a todos e a todas unhas moi felices festas, que o ano novo 2014 entre nos vosos fogares cheo de amor, paz e prosperidade. Este ano a nosa felicitación é un pouco especial, ven recollida na presentación de imaxes, esperamos que vos guste:
Pois nada, de todo corazón moi, moi bo Nadal, e moitos bicos dos nenos e nenas de Reli. Vémonos despois das vacacións!
- APIs de Blogue
NADAL
Felicitacións dende as escolas
ESCOLA DE CRUCEIRO. Aula de 3 e 4 anos
ESCOLA DE CRUCEIRO. Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
" IMOS DE FESTA"
O VENRES 20 A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA ENCONTROUSE NO AUDITORIO DE RIANXO PARA FESTEXAR,
NO SEU FESTIVAL "IMOS DE FESTA",
MOITAS DAS CELEBRACIÓNS COAS QUE APRENDEMOS E GOZAMOS Ó LONGO DO ANO.
- APIs de Blogue
PARA ESTES DÍAS DE FESTA...
Aula de 4 e 5 anos
FELICES FESTAS
DENDE A AULA DE CRUCEIRO VOS DESEXAMOS UNHAS FELICES FESTAS!!!!!
VÉMONOS O XOVES 9 DE XANEIRO
- APIs de Blogue
CACHOPO DE NADAL
NA NOITE DO 24 DE DECEMBRO AS MAMÁS DE SABELA E DE HELENA , COMO ANTES FIXERON OS SEUS ANTEPASADOS, PRENDEN O CACHOPO DE NADAL.
O CACHOPO É A ACHA GRANDE DUNHA ÁRBORE QUE SE DEIXA A ARDER NA LAREIRA. DE SEMPRE SE CREU QUE AS ÁNIMAS DA FAMILIA ESTAN A QUENTARSE ESA NOITE Ó REDOR DO LUME E PARA ELES SE DEIXA TAMÉN COMIDA NA MESA
ANA CONTOUNOS TAMÉN QUE CANDO ELA ERA PEQUENA GARDÁBANSE OS RESTOS DO CACHOPO XA QUE TIÑA PROPIEDADES MÁXICAS. CANDO TRONABA BOTÁBASE OUTRA VEZ Á LAREIRA PARA QUE PRENDESE NEL LUME NOVO E ESPANTARA OS RAIOS PARA QUE NON FIXERAN MAL
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
APALPADOR
DAS VELLAS MONTAÑAS DO COUREL BAIXA NO NADAL O VELLO CARBOEIRO A APALPARLLE A BARRIGA ÓS MENIÑOS E AS MENIÑAS.
NA BEIRA DA CAMA PÓDELLES DEIXAR UNHA PRESA DE CASTAÑAS (PARA QUE ESTEAN BEN MANTIDOS), UN XOGUETE DE MADEIRA (PARA QUE ENREDEN COMO ENREDABAN OS AVÓS), MESMO UN POUCO DE CARBÓN (PARA NON PASAR FRÍO NO FRÍO INVERNO).
Cruceiro 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
COCOS, BUGALLOS, MAZÁS DE CUCO,...
MOITOS SON OS NOMES COS QUE SE COÑECEN ESTAS ESFERAS QUE LLE NACEN ÓS CARBALLOS.
SON OS SEUS FROITOS? POIS NON, OS FROITOS SON AS LANDRAS.
O CARBALLO FORMA UN COCO CADA VEZ QUE UN INSECTO ( COMA UNHA PEQUENA AVESPA) PON UN OVO DEBAIXO DA CASCA DUN GROMO NOVO, E SI, NO INTERIOR DUN COCO PODEMOS ATOPAR O OVO E MESMO O INSECTO. NA ESCOLA BEN OS TEMOS VISTO !
PERO DESTA VEZ ANDIVEMOS A APAÑAR OS COCOS QUE QUIXO DARNOS O NOSO VECIÑO CARBALLO PARA FACER ADORNOS E PODER ASÍ ENGALANAR AS ÁRBORES DE NADAL OU AS ESPIDAS ÁRBORES DE INVERNO
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »