2013-2014

A RECICLAXE

OS NENOS E NENAS DA AULA DE CRUCEIRO A, ESTAMOS TRABALLANDO A RECICLAXE A TRAVÉS DO CONTO "OS BOLECHAS QUEREN SABER... QUE SE BOTA NO CONTENEDOR AMARELO" NUNHAS SEMANAS PODEREDES VER O RESULTADO FINAL!!!! 

A RA VECIÑA

Ó PÉ DO CASTIÑEIRO ESTABA A NOSA VECIÑA, A RA.
VEU SAUDARNOS Á ESCOLA, ADICOUNOS UNS FERMOSOS SALTOS E MARCHOU POR ONDE VIÑERA...

É A NOSA VECIÑA. A RA

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

O CRA DE RIANXO ORGANIZOU O XOVES 28 DE NOVEMBRO UNHA VISITA DIDÁCTICA Ó VIVEIRO DE PLANTAS DE ESPIÑEIRA, BOIRO, CO FIN DE COÑECER MELLOR ALGUNHAS DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS DE GALICIA E REALIZAR ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN MEDIO AMBIENTAL

ver as imaxes da saída na 

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE CRUCEIRO

O BOSQUE ENCANTADO

 O BOSQUE ENCANTADO


CANDO VISITAMOS A BIBLIOTECA DE "DANIEL", LEVÁMOSLLE UN CONTO QUE FIXEMOS ENTRE OS NENOS E NENAS DAS ESCOLAS DE CRUCEIRO, CUVIDE E OUTEIRO. COMEZOU CRUCEIRO E CANDO CHEGOU A NÓS, ATOPÁMONOS NO MEDIO DUN BOSQUE, E CLARO!, XA SE SABE QUE O BOSQUE É O LUGAR IDÓNEO PARA QUE COMECEN A SAÍR DISTINTOS PERSONAXES COAS SÚAS VOCES CORRESPONDENTES, CHEAS DE INTERSECCIÓNS, PARA DARLLE Á LINGUAXE UN TON EXCLAMATIVO. TAMÉN APARECERON OS PUNTOS SUSPENSIVOS, PALABRAS INVENTADAS, ONOMATOPEAS, O XOAH... XOAH...! DO BATER DAS ALAS DO MORCEGO; PALABRAS SUXERIDAS COMO O PI... PI... DA PANTASMA CANDO SAE "PITANDO", BOCADILLOS COMA OS DOS COMICS, TODA UNHA FESTA RUIDOSA DE SONS, AVENTURA E MOITO DIVERTIMENTO, E TAMÉN DE ACHEGA A MOITOS RECURSOS ESTILÍSTICOS DA LINGUAXE SEN DEIXAR DE LADO A PROPIA ILUSTRACIÓN E COMPOSICIÓN COAS DISTINTAS APORTACIÓNS DE CADA QUEN.

 

 

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS, CASTAÑAS, PORCO E VIÑO

 

Na nosa terra ao longo do ano se van celebrando todo tipo de festas, tanto de carácter popular como de carácter relixioso; nalgúns casos as tradicións populares se entremezclan coas tradicións relixiosas xurdindo festas tan importantes como "O Día do San Martiño".

Dende moi antigo as festividades relixiosas eran días destacados no calendario polo que popularmente se empezaron a tomar como datas referentes para a realización de distintas actividades lúdicas que co tempo se converteron en celebracións tradicionais. O San Martiño é un dos exemplos máis destacados deste tipo de celebracións. Patrón da cidade de Ourense celebra a súa festividade cada 11 de novembro, sendo día festivo en moitos pobos da provincia, esta data é a escollida para a celebración dos magostos, aínda que tamén se poden celebrar uns días antes ou despois. Nesta data en moitos lugares de Galiza, as castañas non só se acompañan de viño novo senon tamén de productos do porco, xa que neste día tamén se produce a tradicional "matanza do porco". 

De todas estas cousas falamos en Relixión, e para elo tomamos como punto de partida un conto titulado A Casa do Rato Renato da editorial Barafunda onde precisamente se fai referencia as distintas festas populares e relixiosas que se celebran en Galiza durante o mes de novembro:

 

Despois de ler o conto fixemos un repaso pola linguaxe tradicional galega que está cargada de referencias á festividade de San Martiño, existen gran cantidade de cantigas e refráns onde se menciona. Nós vos invitamos a que coñezades as seguintes:

 

Polo San Martiño

faise o magosto

con castañas asadas e

viño ou mosto.

 

Castañas, noces e viño

fan as delicias do San Martiño.

 

Polo San Martiño

quítalle o tapón ao viño

 

Polo San Martiño

vai a ver o teu soutiño

 

A todo porquiño

chégalle o San Martiño

 

Polo San Martiño,

trompos ao camiño

 

E mira ti por onde que a profe Celia nos trouxo un trompo á clase co que xogamos e o pasamos moi ben:

 

 

 

E de entre todos os nenos e nenas que van a Relixión so atopamos a un artista do trompo: Lucas Martínez de Pazo Primaria que ata tiña o seu propio trompo, ao que fixo bailar e bailar...

 

Grazas Lucas!

Para rematar fixemos unhas fichas onde aparecía San martiño rodeado de todos os productos relacionados coa sua festividade, mirade que bonitas nos quedaron:

 

 

 

Pois nada máis, deixámosvos coas galerías de imaxes onde podedes ver canto traballamos pero tamén canto xogamos. Dende Relixión reivindicamos o uso dos xoguetes tradicionais que se están perdendo e non son nada caros! así que papis e mamis invitámosvos a que os recuperedes cos vosos fillos e fillas.

GALERÍA 1 (Escolas de Quintáns, Pazo e Rañó)

 

Galería 2 (Escolas de Cuvide, Cruceiro e Capela)

 

 

 

O MAGOSTO EN VACARIZA

CHEGOU O MAGOSTO E CON EL...

AS CASTAÑAS ASADAS, O CHOCOLATE QUENTIÑO, OS SABROSOS DOCES DO NOSOS PAIS/NAIS, OS XOGOS POPULARES COMO A RODA , OS BOLOS, A CORDA, O COMECASTAÑAS, OS ZANCOS, ETC; AS CANCIÓNS TRADICIONAIS, AS PERSECUCIÓNS AOS NOS@S COMPAÑEIR@S E MESTRES PARA ENFURRUXARLLES A CARA,  A FORMIDABLE CONVIVENCIA COS NEN@S DAS OUTRAS ESCOLAS... E SOBRE TODO... CHEGOU A DIVERSIÓN !!

 

 

EIQUÍ ALGÚN DOS NOSOS FORMIDABLES MOMENTOS

GRAZAS FAMILIAS POR FACELO POSIBLE E COMPARTILO CONNOSCO !!!

 

COMEZA A CELEBRACIÓN!

OLA A TOD@S! Un curso máis, a Escola de Abuín inicia a súa actividade na web do C.R.A. E facémolo nunha escola con espazos renovados, acorde ás idades do noso alumnado que este ano académico cursan ensinanzas de 4º e 5º de Educación Infantil e... como non? con novas ilusións, novos proxectos, novos sorrisos...

Este é o noso paraíso... e queremos compartilo con tod@s vós. E posto que este curso imos traballar arredor das celebracións... BENVIDOS E... QUE COMECE A FESTAAAA!! 

POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

A BIBLIOTECA "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" VEN DE PUBLICAR UN DÍPTICO POR UNHA EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE XÉNEROS E POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de novembro en

ESCOLA DE OUTEIRO

ESCOLA DE CRUCEIRO, 4 e 5 anos

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE ABUÍN

ver tamén

O DEREITO DOS NENOS E AS NENAS, Pazo infantil

O DEREITO D@S NEN@S, Cruceiro 3 e 4

DE NOVO NA VACARIZA , CELEBRANDO O NOSO MAGOSTO

 

DE NOVO NA VACARIZA, CELEBRANDO O NOSO MAGOSTO

 

QUIXEMOS CELEBRAR CON VÓS, QUE SENTIRADES A CALOR DA BORRALLA, PERO TAMÉN A NOSA. BICOS, VACARIZA

 

CASTIÑEIRO AMIGO

Ó CARÓN DA NOSA AULA VIVE O NOSO CASTIÑEIRO AMIGO, COA SÚA CORTIZA DE GRETAS VERTICAIS

AS SÚAS FOLLAS DE BORDE SERRADO

E AS SÚAS SABOROSAS SEMENTES

ASÍ É O NOSO CASTIÑEIRO, E NÓS SOMOS OS SEUS AMIGOS

Aula de 4 e 5 anos

Distribuir contido