Actividades

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA

A ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" ORGANIZA  PARA ESTE ANO ACADÉMICO UN CURSO DE NATACIÓN E ACTIVIDADES DE INICIACIÓN AO TEATRO.

ver a nova na sección da Anpa

CAMILO JOSE CELA

ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DE  ELECTRA , GUÍA DO MUSEO

DE CAMILO JOSÉ CELA, QUE NOS VEU FALAR DESTE

 ILUSTRE  ESCRITOR.

PARA SABER COUSAS SOBRE DEL,TROUXONOS

DIVERSOS OBXECTOS:

A MEDALLA DO "PREMIO NOBEL",

AS NOTAS DA FACULTADE, ALGÚN DOS SEUS LIBROS..·

FOI UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE

QUE CONTINUAREMOS O VINDEIRO MARTES.

 

PREME SE QUERES VER A SESIÓN DE PAZO INFANTIL:

Unha experiencia con sabor a Colombia!

Os nen@s de Capela primaria e Cruceiro, traballaron co libro "Pratos do mundo" elaborando unha receita de Colombia. Fixeron unha riquísima ensalada de manga con laranxa nada menos!

Realizaron a tarefa entre todos e despois decidiron compartila e intercambiar os pratos entre escolas con moito agarimo. Foi unha experiencia moi bonita e divertida! Onte para finalizala, os nen@s de Capela primaria, foron ó auditorio a contar a relatar esta maravillosa experiencia na presentación de "Tempo de acivros, tempo de libros", a guía de lecturas do concello para este nadal! E fixérono como uns artistas!

Dende o CRA e o Equipo de Biblioteca, queremos agradecer a gran colaboración de tod@s os nen@s, mestres e mestras, pais e nais que puxéchedes o voso gran de area para facer todo isto posible!

Para tod@s vós, este pequeno vídeo recordo con sabor a manga colombiana!

 

PRESENTACIÓN DA GUÍA DE LECTURAS DAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO

O PRÓXIMO VENRES 12 DE DECEMBRO ÁS 19H. ACHÉGATE Ó AUDITORIO DE RIANXO PARA DESCUBRIR A GUÍA DE LECTURAS ELABORADA POLAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO. NON O PERDAS!

LECTURA EN FAMILIA!

O venres 17 tivemos unha sesión de animación á lectura para as familias do noso CRA na sede de Asados.

Primeiramente e tras recibir ás familias asistentes, Tobías, director e orientador do CRA invitounos á reflexión sobre a lectura a través de citas de diversos autores e autoras. Isto levou a unha interesante reflexión da cal xurdiron experiencias que compartimos de bo grado entre todos. Tamén se explicou o funcionamento das bibliotecas de aula de cada escola e o fomento que se fai da lectura dende o centro.

Tras isto, Pablo, mestre de Atención Educativa e tamén coordinador da biblioteca do CRA, explicou un pouco máis sobre o amplo abano de libros que temos dispoñibles á hora de seleccionar un conto para os nosos cativos, tendo en conta as idades e os textos máis adecuados. Tras isto explicou unhas pautas básicas á hora de leer un conto para que teña éxito entre os máis pequenos da casa.

Para rematar, Tero Rodríguez nai do CRA e membro do clube de lectura infantil, ofreceuse para representar un conto do máis interesante e divertido poñendo en práctica todo o explicado.

Demostrounos así, que con moi poucos materiais que todos temos á man como unha chaqueta, panos ou cousas do noso entorno, se pode lograr representar case calquera conto! E por suposto, demostrou o importante que é a imaxinación e a creatividade nas nosas vidas.

 

Grazas por esa valiosa lección e por os teus contos Tero!

 

Foi unha experiencia gratificante e rica para todos.

Mil gracias ás familias asistentes!

 

VISITA DOS BOMBEIROS Á ESCOLA DE CAPELA

 

HOXE POLA MAÑA A PRIMEIRA HORA, CANDO ESTABAMOS NA ASAMBLEA, ALGÚNS DOS NENOS E NENAS DERONSE CONTA DE QUE ACABABAN DE CHEGAR OS BOMBEIROS, XA QUE O SEU CAMIÓN FAI BASTANTE RUÍDO E ADEMÁIS VIRONO POLA VENTÁ!  QUE  QUE EMOCIÓN!!!

PRIMEIRO ESTIVEMOS MOI ATENTOS AS SÚAS EXPLICACIÓNS POR SE ALGÚN DÍA NA ESCOLA HAI ALGÚN INCENDIO E DESPOIS ENSINARONNOS O CAMIÓN DE BOMBEIROS E DEIXARONNOS UTILIZAR A SÚA MANGUEIRA!! FOI O QUE MÁIS NOS GUSTOU!!!!!!

PROMETERONNOS QUE VOLVERÍAN PRONTO PARA VER SE RECORDAMOS TODO O QUE NOS ENSINARON HOXE!!!!!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CLUB DE LECTURA INFANTIL

A ANPA IRMÁNS ÍNSUA CELEBROU A DERRADEIRA SESIÓN NESTE CURSO ESCOLAR DO SEU CLUB DE LECTURA.
A ACTIVIDADE DESENVOLVEUSE NA AREA RECREATIVA DE CAMPO MANEIRO O MÉRCORES 19 DE XUÑO E CONTOU COA ASISTENCIA DE MEMBROS DA ASOCIACIÓN AMICOS

O CLUB DE LECTURA INFANTIL NA ESCOLA DE RAÑÓ

O CLUB DE LECTURA INFANTIL NA ESCOLA DE RAÑÓ

O MÉRCORES TIVO LUGAR O CLUB DE LECTURA INFANTIL ORGANIZADO POLA ANPA. DISFRUTAMOS DUN DÍA SOLEADO ACOMPAÑADO DE CONTOS MARABILLOSOS, UN PASEO POLA PARROQUIA E UNHA VISITA A UNHA GRANEIRA.

LIMOS CONTOS NA BIBLIOTECA MÓBIL

OS CONTOS FORON ACOMPAÑADOS DUN GRAN MÚSICO,

JOSE MANUEL (antigo alumno de Rañó),

E DO SEU INSTRUMENTO, A TUBA

A SESIÓN DE CONTACONTOS COMEZOU CON BORJA,

ALUMNO DE RAÑÓ, QUE NOS LEU "LA FAMILIA C"

CONTINUOU SALY, A MAMÁ DE SAMUEL, CON 

"A VACA QUE PUXO UN OVO"

TAMÉN PARTICIPOU OLGA, MAMÁ DE AIDA, CO CONTO

"EU NON FUN"

BEA, MAMÁ DE BORJA, METEUNOS UN POUCO DE MEDO

COA "FIGUEIRA DE PELOSTORTOS"

E REMATAMOS COA "PRINCESA DO CAUREL"

O PÚBLICO ESPECTANTE...

VISITAMOS UNHA GRANEIRA

VIMOS O SEU INTERIOR

DESCUBRIMOS O QUE SE GARDABA DENTRO

MOEMOS AS ESPIGAS DE MILLO

 

XUNTÁMONOS A MERENDAR AO REDOR DAS GRANEIRAS

 

 

FINA, A AVOA DE DANIEL, EXPLICOUNOS O PROCESO

DE RECOLLIDA DOS CEREAIS,

COMO MALLABAN O MILLO E O CENTEO

E COMO O TRANSPORTABAN ATA AS GRANEIRAS

GRAZAS A TODOS E A TODAS POR PARTICIPAR! PASÁMOLO "PIPA"!

CLUB DE LECTURA DA ANPA

Sesión do Club de Lectura e obradoiro de camisetas.
Mércores 24 de abril ás 16:30 na
escola de Capela.
Unha tarde ben aproveitada disfrutando coa primavera, os amigos e a lectura.
E tamén unha tarde reivindivativa, coa creación de camisetas en apoio ós "Venres Verdes" convocados pola "Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza".
Verdes camisetas verdes, pero tamén verdes camisetas brancas ou rosas, en defensa da escola pública


Distribuir contido