Actividades

O ENTROIDO

ESTE ANO OS NEN@S DE PAZO FOMOS FESTEXAR O ENTROIDO A QUINTÁNS,XUNTO COS DE ABUÍN, RAÑÓ E VACARIZA .

FOI UN ENTROIDO DE MOITO MEDO POIS TODOS LEVABAMOS UNS DISFRACES "HORRIPILANTES" QUE FIXEMOS NÓS. MIRADE

 

   

Charlas informativas aos pais e nais do C.R.A. de Rianxo

Logo de ter plantexado o venres día 30 de xaneiro á responsable da Área de Prevención de Drogodependencias a posibilidade de organizar algunha charla informativa sobre hábitos saudables para os pais e nais dos alumnos do C.R.A., Concha a responsable da área, pertencente a Servizos Sociais remitiu unha proposta de dúas Charlas:

As características xerais das charlas serían:

  • Sesións: 1 para cada tema
  • Duracion: 120 minutos
  • Metodoloxía: exposición de contidos, exercicios participativos e resolución de casos prácticos.
  • Destinatarios: pais e nais de alumnos/as do C.R.A., en número aproximado de 20 persoas

Achégase arriba enlace para descargar máis información sobre as actividades.

CONTACONTOS

MULLERES CIENTÍFICAS

O MARTES 21 FOMOS A SANTIAGO VER  "AS MULLERES CIENTÍFICAS ".

ERA SOBRE AS  MULLERES QUE  NON  PODÍAN IR A UNIVERSIDADE E TIÑAN Q U E   DISFRAZARSE  DE HOME.                

     
     

   ALGÚNS NENOS VESTIRONSE DE CIENTÍFICAS: BRAIS DE MATEMÁTICA, VICENTE DE BIÓLOGA...       

     

TAMÉN FIXERON EXPERIMENTOS.

FOI MOI DIVERTIDO 

 

                                                                                               

SAIDA A SANTIAGO

O MARTES 21 DE OUTUBRO, OS 

NENOS E NENAS DE 5 ANOS E 

OS DE PRIMARIA, VAMOS A SANTIAGO

VER UN CONTACONTOS.

ESPERAMOS QUE SEXA DIVERTIDO.  Riendo

Os nenos e nenas de 2º A e 2º B do Colexio Castelao visitan as escolas de Abuin e Quintáns

O mércores 30 de Abril os nenos e nenas de 2º do Colexio Castelao, visitaron as Escolas de Abuin e Quintáns.

Xuntáronse cos nenos  e nenas das Escolas, que para o vindeiro curso serán os seus compañeiro e compañeiras. Fixeron xogos, cantaron, recitaron poesías. Tamén fixeron actividades coas profesoras de Educación Físicas, Música e Inglés. Pasárono moi ben.

A finais de Maio os alumnos e alumnas do C.R.A. devolveranlle a visita, indo ao Colexio Castelao. Riendo

"GUIADA DA MAN DUN SOÑO A PRIMAVERA CHEGOU" (Manuel María)

A primeira hora da mañá, ás nove, a furgoneta cargada de plantas, arbustos, terra e cortiza chegou a nosa escola; non dabamos feito en colocar todo no porche para unha vez alí organizar todo o traballo; era moita a efervescencia : querían saber os nomes de tantas ducias de plantas como alí había : petunias, pensamentos, begonias, azaleas, dimorfotecas, margaridas, iberis, xeraneos, rododendros, cinerarias, surfinias, caraveis chineses, xazmíns, taxetes.....

Comezamos por plantar unha petunia, begonia ou pensamento- a elixir-, nas macetas que nos trouxeron os Reis Magos e que tan ben decoradiñas deixamos pintándoas con pincel e pinturiñas desas que secan axiña.

 

 

E entón, menos mal, chegaron dúas nais, unha avóa e unha tía, que axudáronos moito. (Tamén chegou Lorena, esa profe que sabe tanto de ordenadores, con dous señores aos que non puidemos atender porque andambamos moi liados, pero agradecémoslle que viñeran a poñernos o canón, a ver se aprendemos a traballar con el).

 

Logo os nenos e nenas cargaban as carretillas de terra para botar nas xardiñeiras e nas macetas colgantes para que unha vez que tiveran as plantas, decoraran os peitoriles das ventás e a fachada da escola.

Máis tarde pasamos ao deseño do xardín, pero antes rastrillaron; mesmo o feito de ter un braciño roto e escaiolado non foi obstáculo para que Anxo traballara arreo desde as nove ata as dúas cun pequeno descanso para merendar, facer un debuxo do traballo realizado e enviarlle un comentario por internet aos nenos e nenas de Cruceiro polo bonito conto que fixeron titulado "Paco Pacolo". Tamén Pedro e Raúl enviaron un comentario. Non deu tempo a que o escribiran todos os nenos e nenas; farano outro día.

As familias deseñaron o xardín colocando as plantas que os nenos levaban sen sacalas da maceta.

Os nenos miraban moi atentos para ver onde tiñan que sachar para facer os coviños.

 

 

Regaron, sacharon, cargaron carretillas con pedrolos que sacaban ao sachar, algúns incriblemente grandes; carrexaron cortiza, espallárona e contemplaron o bonito que estaba todo.

Anxo dicía : "Quen me dera poñer flores por todo o patio, está tan bonito...."

Dicía Antonio Machado "La primavera ha venido

nadie sabe como ha sido".

Na escola de Cuvide sí sabemos como chegou; chegou con esforzo, tesón, ilusión..., guiada da man dun soño do que non queremos espeertar cun mal pesadelo.

E agora unhas fotiños do grupo, dalgún momento do traballo da representación plástica e dos espacios que hoxe coidamos e seguiremos coidando.

 

 

     

          

UN ENTROIDO DE CONTOS : "O RELOXO DOS SETE CABRITOS"

¡Ola familias! ¡Escoitade con atención! : TIC, TOC, TIC, TOC, TIC, TOC ...É o tempo do Entroido; chegou cedo, xa o temos aquí e este ano ímolo marcar nós xa que logo converterémonos en eloxos que co seu latexar darán conta dese tempo de tolería, bromas e fartura, tempo de ledicia que levaremos á Capela xunto coas escolas de Pazo, Outeiro e Cruceiro.

Xa que estamos inmersos nese proceso de animación á lectura do que xa falamos con vós, este ano decidiuse que despois de saborear conto tras conto nas nosas aulas, estaría ben que cada escola elixira un deses contos celebrados polos nenos e nenas para disfrazarse dos seus personaxes ou obxectos relevantes e disfrutar con eles no pasarrúas que se levará a cabo pola aldea de Capela o vindeiro 1 de febreiro se o tempo o permite. De non ser así fariámolo na aula, e se houbera unha escampadiña, sairíamos pola aldea de Cuvide como fixemos o ano pasado.

 O conto escollido na nosa escola é "OS SETE CABRITOS", un conto entre acedo e picante; acedo porque o lobo sempre é o lobo e impón un pouco de respecto e picante, porque iso de vencer ao lobo sempre é divertido e fai coxeguiñas na barriga ¿non si?. E...como o reloxo de parede tivo moito que ver no desenlace do conto, decidimos disfrazarnos dese obxecto tan importante.

O título da nosa comparsa será :

"O RELOXO DOS SETE CABRITOS"

e a cantadela é a seguinte :

A escola de Cuvide

imos á Capela

a correr o Entroido

cunha cantadela .

Tran la lera, lerá, lerá la lera

Tran la lera, lerá, lerá la la

O cabuxo pequeniño

 nun reloxo se agachou

nun reloxo se agachou

e do lobo se librou.

A mamá cabra con tanta preocupación, esqueceuse de dar corda ao reloxo e o reloxo moi enfadado, protestou :

TIC, TOC, TIC, TOC

EU SON UN "RELÓ"

DASME CORDA

E NON ME PARO

SE TE ESQUECES

 ¡EU ME ENFADO!

TIC, TOC, TIC, TOC

 EU SON UN "RELÓ"

O cabuxo pequeniño

 nun reloxo se agachou,

nun reloxo se agachou ,

e do lobo se librou.

Familias : TIC, TOC, TIC, TOC...¡que non se paren os vosos reloxos! .Dádelles corda co voso entusiasmo e participación sendo con nós os reloxos do Entroido.

 Avisade das persoas interesadas en vir para comprar o material con que facer os disfraces e darvos unha fotocopia coas cancións de tódolos anos a aquelas persoas que por calquera circunstancia non as teñan.

Un saúdo,

                 María

Distribuir contido