LECTURA EN FAMILIA!

O venres 17 tivemos unha sesión de animación á lectura para as familias do noso CRA na sede de Asados.

Primeiramente e tras recibir ás familias asistentes, Tobías, director e orientador do CRA invitounos á reflexión sobre a lectura a través de citas de diversos autores e autoras. Isto levou a unha interesante reflexión da cal xurdiron experiencias que compartimos de bo grado entre todos. Tamén se explicou o funcionamento das bibliotecas de aula de cada escola e o fomento que se fai da lectura dende o centro.

Tras isto, Pablo, mestre de Atención Educativa e tamén coordinador da biblioteca do CRA, explicou un pouco máis sobre o amplo abano de libros que temos dispoñibles á hora de seleccionar un conto para os nosos cativos, tendo en conta as idades e os textos máis adecuados. Tras isto explicou unhas pautas básicas á hora de leer un conto para que teña éxito entre os máis pequenos da casa.

Para rematar, Tero Rodríguez nai do CRA e membro do clube de lectura infantil, ofreceuse para representar un conto do máis interesante e divertido poñendo en práctica todo o explicado.

Demostrounos así, que con moi poucos materiais que todos temos á man como unha chaqueta, panos ou cousas do noso entorno, se pode lograr representar case calquera conto! E por suposto, demostrou o importante que é a imaxinación e a creatividade nas nosas vidas.

 

Grazas por esa valiosa lección e por os teus contos Tero!

 

Foi unha experiencia gratificante e rica para todos.

Mil gracias ás familias asistentes!