DINAMIZACIÓN TICs

PROGRAMACIÓN DINAMIZACIÓN T.I.C. CURSO ESCOLAR 2023-24

PROGRAMACIÓN DE DINAMIZACIÓN DAS TIC PARA O CURSO 2023-2024

REVISTA BADALADAS 2023-2024

REMATA O CURSO E TEMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA REVISTA BADALADAS

ONDE  CADA AULA E ESPECIALIDADE MOSTRA UN POUCO O QUE FIXO AO LONGO DO CURSO.

ESTE ANO ADEMAIS, TEMOS UNHA SORPRESA CUNHA NOVA PROTAGONISTA, ARA. 

 

 

O ENTROIDO NA ESCOLA

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA E DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: TOD@S TEMOS OS MESMOS DEREITOS PERO... A TOD@S SE NOS RESPECTAN?

Con motivo das conmemoración do Día Universal da Infancia (20 de novembro) e o Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro), o Equipo TIC , en colaboración co alumnado e titores e titoras do centro, elaborou o vídeo "Tod@s temos os mesmos dereitos pero... a tod@s se nos respectan?". Neste vídeo Caselín, a mascota da biblioteca , lévanos de viaxe polo mundo para descubrir as diferenzas en relación a dereitos que experimentan nen@s e mulleres  segundo o lugar no que nos atopemos.

PARABÉNS POLO BEN QUE O FIXERON!!!!!!!

Esperamos que vos guste.

 

                                  Para poder ver o vídeo clicade na imaxe que tedes debaixo e abrirase nunha xanela nova.

 

 

Plan Dixital de centro

No presente curso escolar 2021-2022 o centro está a elaborar o plan dixital de centro seguindo as instruccións indicadas na resolución do 3 de setembro de 2021.

 

Ao longo do curso iremos informando de todo o relativo a este proceso.

 

O equipo directivo.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO CONSUMIDOR E A SEMANA DA PRENSA

Co gaio do Día do Consumidor e a Semana da Prensa, desenvolveuse nas instalacións do CRA Raiña Aragonta o 1º Congreso do cine.

 

Este evento logrou reunir aos mellores críticos do cine, así coma recopilar as súas achegas e análises sobre algunhas das películas dos nosos tempos.

 

Aquí vos deixamos un resumo deste congreso.

 

Distribuir contido

Back to top