Skip to Content

Blogues

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS DE COLE

ESTE CURSO ENTRARON NAS NOSAS CLASES MOITOS NENOS E NENAS NOVOS. NOS PRIMEIROS DÍAS O MÁIS IMPORTANTE É ACHEGARNOS CON CALMA ÓS NOVOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, QUE MELLOR MANEIRA DE FACELO QUE XOGANDO, A LINGUAXE UNIVERSAL DA INFANCIA.

  

PERO TAMÉN HAI QUE IR COMEZANDO COAS PROPOSTAS DE TRABALLO, AQUÍ VOS DEIXAMOS DÚAS MOSTRAS:

                                    

                UNHA DA ZONA DE LÓXICA MATEMÁTICA ONDE TRABALLAMOS CONTEO.

                                               

E UNHA DA ZONA DE LINGUAXE ONDE NOS APROXIMAMOS Á LINGUAXE ESCRITA, COMPOÑENDO AS LETRAS CON POLICUBOS, TRABALLANDO TAMÉN A MOTRICIDADE FINA, QUE NOS AXUDARÁ A COLLER CORRECTAMENTE O LAPIS.

                                 

 

BO VERÁN

AGORA TOCA DESCANSAR, IR Á PRAIA, Á PISCINA, DE PÍCNIC E MIL COUSAS MÁIS.

ESPERAMOS QUE PASEDES UN VERÁN MARABILLOSO E DESCANSEDES MOITO, PARA VOLTAR CON FORZAS EN SETEMBRO.

 

 

 

 

 

TALLERES DE XOGOS LÓXICOS E DE MESA, IMPRESCINDIBLES NA AULA E NA CASA.

SEMPRE APRENDEMOS MÁIS E MELLOR CANDO NOS DIVERTIMOS, E SE É ACOMPAÑADOS MOITO MELLOR. POLO QUE O TALLER DE XOGOS LÓXICOS E DE MESA É UN IMPRESCINDIBLE NAS NOSAS AULAS. NEL DIVERTÍMONOS TRABALLANDO HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS, ATENCIÓN, LINGUAXE ORAL, MEMORIA, PLANIFICACIÓN, VELOCIDADE DE PROCESAMENTO, ORIENTACIÓN ESPACIAL, CONTROL INHIBITORIO, COORDINACIÓN OLLO-MAN, LÓXICA- MATEMÁTICA,   E UN LONGO ETC.

NA ESCOLA TEMOS UNHA LONGA LISTA DE XOGOS QUE ACTUALIZAMOS CON FRECUENCIA. 

  

   

  

    

 

OS NOSOS TALLERES

TÓDALAS SEMANAS LEVAMOS A CABO VARIOS TALLERES. TEMOS O TALLER DE LINGUAXE, O TALLER DE LÓXICA-MATEMÁTICA, O TALLER DE ARTE E CREACIÓN, TALLER SENSORIOMOTRIZ E O TALLER DE XOGOS LÓXICOS.

CADA TALLER DE LÓXICA-MATEMÁTICA TRABALLA UNS CONTIDOS MOI CONCRETOS, COMEZANDO SEMPRE DUN XEITO VIVENCIAL, SENTINDO NO PROPIO CORPO O QUE ESTAMOS A TRABALLAR. SE É DE NUMERACIÓN E QUEREMOS CONTAR, PRIMEIRO NOS CONTAMOS NÓS, OS NENOS E AS NENAS QUE HAI NA CLASE, OS QUE ESTÁN DENTRO DUN ARO, … ANTES DE PASAR Á FASE MANIPULATIVA (COAS MANS) ONDE CONTAREMOS DIFERENTES ELEMENTOS: TAPÓNS,  PEDRIÑAS, POMPÓNS, PERLAS MONTESSORI,… PARA FINALMENTE PASAR DO VIVENCIADO E MANIPULADO Ó PENSAMENTO, FACENDO A REPRESENTACIÓN GRÁFICA, QUE PODE SER CON PLASTILINA, TÉMPERAS, PEZAS DE CONSTRUCIÓN OU DE LAPIS E PAPEL, SENDO ESTA SEMPRE A ÚLTIMA, SEMPRE A MÁIS DIFÍCIL A ESTAS IDADES. NESTE TALLER TRABALLAMOS EN DESDOBRES, APROVEITAMOS QUE CONTAMOS CO APOIO DA MESTRE LETI. O ALUMNADO DE 3 ANOS SUBÍA  Á BIBLIOTECA E OS DE 4 E 5 QUEDABAN NA  AULA.

ALGÚNS DOS TALLERES QUE FIXEMOS FORON O DE IDENTIFICACIÓN DE ATRIBUTOS E INICIACIÓN Á NEGACIÓN,ORDENACIÓN,  OPERATIVIDADE, NUMERACIÓN, INICIACIÓN Á MEDIDA: O PESO, 

         

 CONSTRUCIÓN DE ITINERARIOS

          

             

 E SIMETRÍAS.

 

BOA VIAXE!

CHEGOU O MOMENTO DE NOS DESPEDIR DOS NOSOS MAIORES. DANOS MOITA MÁGOA, PERO NO FONDO ESTAMOS CONTENTAS POR VELOS CRECER, E CONTINUAR A SÚA VIAXE NESTE PROCESO DE CRECER. BOTARÉMOSVOS DE MENOS: MATEO, ALBERTE, IZAN, BIANCA, PEDRO, MARC, LIAM, LÍA, SOFÍA, MARCO E ADRI!

 

SOLIFESTI

ESTE ANO FUMOS CONVIDADOS A PARTICIPAR NO SOLIFESTI, ORGANIZADO POLO CPI DO MOSTEIRO. PARTICIPAMOS ENCANTADOS! NON PODIAMOS DEIXAR PASAR A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO SOLIDARIO.

                                           

XA POLA MAÑÁ NOS XUNTAMOS TODO O ALUMNADO NA ESCOLA DE SAN TOMÉ, E SAÍMOS CAMIÑANDO CARA O C.P.I.

                                            

ALÍ ESPERÁBANNOS UNS INCHABLES DOS QUE DISFRUTAMOS A TOPE E POLOS QUE QUEREMOS DAR AS GRAZAS Á A.N.P.A. DO C.P.I.

         

DE SEGUIDO UNHA BOA MERENDOLA CON FROITA E BOCATAS.

                                     

E A ENSAIAR PARA A TARDE.

                               

ACABAMOS MOI CANSOS, PERO ESO NON FOI MOTIVO PARA NON VOLVER POLA TARDE. 

                   

UN DÍA DE SOLIDARIEDADE E CONVIVENCIA ENTRE OS TRES CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE MEIS E O C.E.I.P. DOMINGO FONTÁN DE PORTAS.

MOITAS GRAZAS, POLO CONVITE E TODA A ORGANIZACIÓN LEVADA A CABO PARA PODER REALIZAR ESTE SOLIFESTI. ESPERAMOS VOLVER A VERNOS NO SEGUINTE.

 

 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 POLO DÍA DO MEDIO AMBIENTE FIXEMOS UNHA SAÍDA Á CONTORNA, PARA VER E RECOLLER A CANTIDADE DE LIXO QUE A XENTE "ESQUECE" POLO CHAN. CONCIENCIANDO ÓS NOSOS CATIVOS E CATIVAS DA IMPORTANCIA DE MANTER O PLANETA LIMPO, COMO MOI BEN LLE CONTESTOU UNHA DAS NOSAS NENAS A UNHA VECIÑA QUE PREGUNTOU QUE FACIAMOS.

NADA MÁIS SAÍR DA ESCOLA, O PRIMEIRO QUE NOS ATOPAMOS FOI CON MOITAS CABICHAS, UNHA CABICHA PODE TARDAR ENTRE 1 E 10 ANOS EN SE DESCOMPOÑER E CONTAMINAR GRAN CANTIDADE DE AUGA.

       

                                            

DESTA VEZ SUBIMOS POR DETRÁS DA ESCOLA, VOLVEMOS VER QUE DESPOIS DAS CABICHAS, DO LIXO QUE MÁIS HAI É  PLÁSTICO.

                                                         

          TAMÉN ATOPAMOS CACAS DE CAN, E COMO BEN DIXO UN COMPAÑEIRO, CANDO PASEAMOS CO CAN TEMOS QUE LEVAR UNHA BOLSIÑA E RECOLLER AS CACAS. QUE NON SE NOS ESQUEZA!

                                                           

                

           

A GRANXA KIRIKO

O LUNS 29 FUMOS DE EXCURSIÓN Á GRANXA KIRIKO. SEMPRE NOS GUSTA MOITO IR EN AUTOBÚS, FOI A GRAN EMOCIÓN INICIAL.

                                    

XA NA GRANXA, TODO ESTIVO XENIAL, PRIMEIRO FIXEMOS EQUIPOS.

                                           

TÓDOLOS EQUIPOS PASARON POLO TALLER DE GALLETAS, E DESPOIS VIRON UN MONTÓN DE ANIMAIS DA GRANXA.    

  

     

                                          

FOI UNHA MAÑÁ CHEA DE NOVAS APRENDIZAXES, PERO TAMÉN FATIGANTE!

                                             

 

Distribuir contido


by Dr. Radut