Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o próximo curso 2024-25, por parte da Consellería de Educación.
Os prazos para a presentación de solicitudes do alumnado de EP, ESO e EE no centro escolar ou mediante a sede electrónica_Procedemento ED330B é ata o 21 de xuño de 2024.
Forma de presentación das solicitudes:
• Por Internet, na sede electrónica da Xunta de Galicia: Procedemento ED330B
https://sede.xunta.gal/portada
• De xeito presencial, na secretaría do centro. Previamente deberase cubrir o impreso de solicitude (Anexo I e Anexo II), que se pode facer de dúas maneiras:
a) Creando unha solicitude na aplicación Fondo libros, que logo debe asinarse e presentala na secretaría do centro.
b) Cubrindo o formulario, que se pode solicitar na secretaría do centro ou descargarse a través da aplicación Fondo Libros.