Ola!!
Entramos na recta final do curso e propóñovos 4 actividades moi divertidas.
Espero que vos gusten.
RETO 1: ERGUERSE
Nesta actividade tedes que intentar erguervos sen utilizar as mans nin os brazos. Partides da posición de boca abaixo.
Preme na imaxe:
RETO 2: A ZAPATILLA
Nesta actividade tedes que intentar dar a volta (estando boca abaixo). Parece fácil, pero tedes que colocar unha zapatilla nun pé e tedes que dar a volta sen que caia.
Preme na imaxe:
RETO 3: A BOTELLA
Esta actividade seguro que a coñecedes todos e todas. Tedes que lanzar unha botella e ten que cair de pé.
Preme na imaxe:
RETO 4: A MOEDA NA BOTELLA
Necesitades unha botella, unha moeda que entre polo bico da botella e un papel. Tedes que intentar meter a moeda dentro da botella tirando do papel.
Preme na foto:
A XOGAR!!!