Skip to Content

Localización

LOCALIZACIÓN DO CENTRO

  Horario: 9:15 a 14:15h

 Enderezo: San Paio s/n- 32414 Ribadavia- Ourense


Teléfonos das aulas:
San Paio (sede): 988 472089
San Cristovo:  988 472177
Francelos:  988 472193


Correo-e: cra.amencer@edu.xunta.es


O NOSO CENTRO NO RIBEIRO


O CRA Amencer ten a sede  situada na localidade de San Paio, formado por tres escolas nas localidades de San Cristovo,  San Paio e Francelos, pertence á comarca do Ribeiro. Esta comarca está situada na zona suroriental de Galicia. Polo norte limita con O Carballiño, polo noroeste coa comarca de Pontevedra, polo oeste con Vigo, polo sur con A Paradanta e coas terras de Celanova, e polo este coa comarca de Ourense.


O Ribeiro está situado entre a marxe oriental da Serra do Suído e os bordes da depresión ourensá (curso medio do río Miño). É unha paisaxe moi antrópica. O río Cerves presenta unhas formidables cascadas ou fervenzas que conforman profundas pozas, e os ríos Avia e Arnoia presentan espectaculares gargantas. Cerca de Carballeda de Avia temos un enorme bolo de pedra de 20 mt. de altitude, coñecido co nome de "Pena Corneira".


A poboación do Ribeiro distribúese en dez concellos: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia e Toén. A principal actividade económica da nosa comarca é a relacionada coas labouras agrícolas, especialmente o traballo vitivinícola que da lugar a unha denominación de orixe coñecida en toda Galicia: "Viños do Ribeiro".


Nas zonas mais altas da nosa comarca inda perviven algunhas construccións de pedra onde se protexían os pastores e o gando (vacuno e cabalar). Tamén destaca na zona, como en toda a provincia de Ourense, a presenza de abundantes zonas termais.


Distribuir contido


by Dr. Radut