slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

CLUB DE LECTURA DE IMAXES

Novidade para este curso : CLUB de Lectura, pero de IMAXES

Vexo-vexo

Club de lectura de imaxes

Biblioteca escolar do CPI Plurilingüe Virxe do Monte

 

 Moitísima información chega a nós en forma de imaxes, ou de verbas acompañadas de imaxes que proceden de diferentes eidos: da moda e do deseño industrial, da publicidade, da ilustración literaria, da prensa escrita, da prensa televisiva, da Internet, da Arte… Chéganos de maneira constante á retina e ao cerebro sen que nos dea tempo a procesala.

No club de lectura de imaxes Vexo-vexo, aberto a todo o alumnado de ESO e a todo o profesorado do centro, os membros aportan o seu punto de vista sobre as imaxes propostas, sen que se impoña unha lectura única, por cualificada que sexa, para que cadaquén acade as súas propias conclusións sobre o que vei, tendo en conta que a imaxe sempre ten significado cando a mirada é quen de captalo.

As sesións do club teñen lugar na aula de Plástica, os primeiros luns lectivos de cada mes, á hora do recreo de ESO. Nelas, analízanse varias imaxes seguindo certa orde de lectura das mesmas: como está construida –composta- en forma e cor?; que técnica gráfica ou plástica ten sido empregada?; a quen vai dirixida?; que sensacións produce?; que denota e connota a mensaxe que transmite? E tamén certa orde de participación, xa que todos os membros do club queren comunicar os seus descobrementos nas imaxes.

 

REUNIÓN de PAIS/NAIS cos titores/as sobre o comezo do novo curso escolar

     O martes día 4 de outubro serán convocados os pais/nais a unha reunión  coa directora e titores ás 16:00h en Usos múltiples.

AVISO COLABORADORES COMEDORES ESCOLARES

AVISO

 Todos os pais/nais que desexen colaborar no Comedor Escolar  poden presentar a súa solicitude ata o 21 de decembro de 2016

 

 

CURSO 2016-2017

Os nosos patios volveron a revivir con todos os nenos de Primaria e Educación Infantil.

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA de LIBROS ED. PRIMARIA

AVISO:

O libro que figura como Educación artística corresponde a MÚSICA.

NOVA LISTA PROVISONAL de ADMITIDOS en FONDO LIBROS Ed. PRIMARIA

AVISO:  

Soamente hai cambios na lista de 5 º EP .

Desculpen as molestias , na vindeira semana esperamos poder publicar as listas definitivas.

Listado provisional de admitidos en FONDO LIBROS Ed. PRIMARIA

A partires do día 13, serán publicadas as listas DEFINITIVAS.

Pode haber algún cambio na asignación de libros nas listas de 5º .

 

NOTA: FONDO LIBROS de ESO ( pendente para setembro)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer