CLUB DE LECTURA DE IMAXES

Novidade para este curso : CLUB de Lectura, pero de IMAXES

Vexo-vexo

Club de lectura de imaxes

Biblioteca escolar do CPI Plurilingüe Virxe do Monte

 

 Moitísima información chega a nós en forma de imaxes, ou de verbas acompañadas de imaxes que proceden de diferentes eidos: da moda e do deseño industrial, da publicidade, da ilustración literaria, da prensa escrita, da prensa televisiva, da Internet, da Arte… Chéganos de maneira constante á retina e ao cerebro sen que nos dea tempo a procesala.

No club de lectura de imaxes Vexo-vexo, aberto a todo o alumnado de ESO e a todo o profesorado do centro, os membros aportan o seu punto de vista sobre as imaxes propostas, sen que se impoña unha lectura única, por cualificada que sexa, para que cadaquén acade as súas propias conclusións sobre o que vei, tendo en conta que a imaxe sempre ten significado cando a mirada é quen de captalo.

As sesións do club teñen lugar na aula de Plástica, os primeiros luns lectivos de cada mes, á hora do recreo de ESO. Nelas, analízanse varias imaxes seguindo certa orde de lectura das mesmas: como está construida –composta- en forma e cor?; que técnica gráfica ou plástica ten sido empregada?; a quen vai dirixida?; que sensacións produce?; que denota e connota a mensaxe que transmite? E tamén certa orde de participación, xa que todos os membros do club queren comunicar os seus descobrementos nas imaxes.

 

AdxuntoTamaño
VEXO VEXO Cartel.jpg218.68 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer