Skip to Content

contador gratis para blog

Complementarias

GRAN CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDOOO !!!!

Un ano máis, desde o EDL, invocámosvos a todos e todas as ánimas, defuntos, espectros, aparecidos, pantasmas, zombis, cadáveres podres, vampiros, lobisomes, lobismulleres, lobisnenos e lobisnenas...

PARTICIPADE NO CONCURSO AGORA, que despois será tarde.

Unha cuestión de educación

Aquí tendes a estrea mundial da nosa nova curtametraxe: "Unha cuestión de educación" é a nosa aposta para o OUFF Escola deste ano. Para votar por ela tedes que seguir uns sinxelos pasos: darse de alta en vimeo (é sinxelo), e votar no corazón que aparece na parte superior dereita do vídeo (like).

Unha cuestión de educación from Ourense Film Festival on Vimeo.

Reabre a Biblioteca

O vindeiro mércores 24 de outubro celébrase o día internacional das bibliotecas escolares. Cón tal motivo, a biblioteca do noso centro reabre oficialmente as súas portas. Despois de máis dun ano adicados a organizar e dixitalizar os seus fondos, xa vos podedes achegar a ler e levar libros de préstamo.

Hora de Ler

Este ano, o noso centro pon en marcha a Hora de Ler, un proxecto de fomento da lectura fora do horario escolar, no que os rapaces fan múltiples actividades relacionadas co mundo dos libros. Durante media hora diaria, e agrupados por ciclos, en infantil e primaria, os nenos e nenas len libros, artigos, revistas, cómics, tanto en inglés coma en galego e castelán, fan dramatizacións e xogos literarios. Un proxecto ambicioso que se irá ampliando en actividades co paso do tempo, e ten como obxectivo principal aumentar o gusto pola lectura.

No día grande de Galicia

Que vos parece ver ao noso centro nun documental sobre as letras galegas, ao carón de Castelao, Risco, Rosalía, Celso Emilio, Curros... e de grandes artistas como Xabier Díaz, Uxía Senlle, Rosa Cedrón ou Luis Emilio Batallán? (buscádenos a partires do minuto 39)

Nós facemos cinema

Aquí tendes ao noso alumnado de 4º da ESO falando da curtrametaxe que realizaron durante o curso escolar 2011/2012. A partires do minuto 33:40 na Revista da TVG.

Coplas dos maios

Remata o mes de maio e queremos compartir con vós esta gravación de coplas. A tradición dos maios ten moito arraigo na nosa provincia, e consiste na elaboración dunha construcción, artística ou tradicional, con madeira, tela de saco e todo tipo de ornamentos naturais, como flores, carrabouxos, toxos, carqueixa, xesta, etc. Ao redor dela, e ás veces no seu interior, nenos e maiores cantan unhas coplas que sempre levan a mesma melodía e teñen letras que fan referencia a acontecementos do ano. A TVG contactou connosco para gravar en vídeo aos nenos cantando e emitilo nun especial o 25 de xullo de 2012, adicado ás letras galegas. As coplas están escritas no curso 2011/2012 polo alumnado de 4º de primaria: Mª José, Mª Jesús, Abraham, Yoel, Saleta, Tania, Rubén e Hugo.

Os intérpretes e cursos son: 1º: Nuria, María e Aitiana, 2º: Óscar, Nerea e Valeria, 3º: Sara, Alicia e Rocío, 4º: Andrea, Carla e Alejandro, 5º: Celia, Mª José e Yoel e 6º: Alejandro, Nieves, Carlota e Andrea.

Coplas dos maios 2012 by ticscea

CONCURSO DE CARTACES E MARCAPÁXINAS 2012

Parabéns rapaces/as!!

Alumnos gañadores da "IV edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego", para ver o debuxo preme no nome do/a alumno/a:

Samuel Nogueira (Infantil, 5 anos)

Alejandro Fernandez (4º EP - 2º Ciclo de Primaria)

Loly (2º Ciclo da ESO)

 

O Rock Bravú

O meu gato é un poeta

Distribuir contido


by Dr. Radut