Skip to Content

contador gratis para blog

Complementarias

Galerías de fotos

 


Carreira de Campo a través Xogade - outono 2016

 

 

 Adeus curso!

 O Pallaso Pepinito

 Tatoo, maquillaxe, globoflexia e paracaídas na fin de curso

 Despedida e emocións na ESO

Excursión Infantil ao Zoo de Vigo e á praia

 Excursión 1º e 2º de Primaria a Vigo e Salvaterra

 I Serán do Cole de Cea

 Excusión 3º e 4º ao Acuario do Grove e ao museo da Salazón

Minibalonmán

Entroido 2015

 Comadres e Compadres

 Día da Paz 2015

O mundo microbacteriano

 

 

Campo a través en Puzo do Lago

 

 Panxoliñas na Residencia A Saleta

 

 Visita de Infantil ao laboratorio de ciencias.

 Magosto 2014

 

 É tempo de Samaín

 De aquí para alá con Lidya Botana

 Exposición de libros antigos na biblioteca

Videoconferencia con Varsovia vía Skype

Expo Xogade Xogos Populares en maio 2014

Fotografías na aula de plástica - Curso 2001 - 2002

Xogade - Minibalonmán

Novos elementos na Biblioteca - Percheiro e suxeitalibros

Contacontos Raquel Queizás - Día do Libro

PCPI no polígono de San Cibrao

 Pintando o patio de Secundaria

No tren con infantil - Parque de Carrileiros

 Día da árbore 2014

V Xornadas de Orientación

Día do deporte e Entroido Curso 94-95

 

 Bailes Tradicionais - CCP Xaquín Lorenzo - Deputación de Ourense

 

Futbol Sala Xogade Amoeiro marzo 2014

Proxecto MIAR

Curso 1993-1994

Curso 1999-2000

 

Curso 1992-1993

Entroido Brasileiro - Febreiro 2014

A Meca Manda - Entroido 2014

Excursión ESO a Ourense - IES Otero Pedrayo e Exposición Neolítico

 

Conto Contigo - Pedro e o Lobo

 

Odaiko

Marimbas, odaikos, tambores, botellas, música clásica, música oriental, pero sobre todo risas moitas risas. O concerto estaba cheo e os músicos ían disfrazados de sevillanos, de brasileiros, de personaxes do Rei León, de militares... Viaxamos por moitos lugares: País Vasco, Madrid, Sevilla, Galicia ... polo Circo do Sol . Ao final acabaron dicindo os seus nomes. Chamábanse Juan, Félix, Antonio e Francisco. Foi todo ben divertido.

Alex Fernández Fernández - 6º de Primaria

 

Se ti les, eles len

O equipo da biblioteca do CPI Virxe da Saleta propón aos alumnos do centro e as súas familias unha actividade para fomentar a lectura na nosa comunidade escolar e ao mesmo tempo conmemorar o Día do Libro, que se celebrará o vindeiro mércores 23 de abril. A actividade consiste en que os rapaces acheguen ao centro unha fotografía na que saian eles lendo xunto con alguén da súa familia (pai/nai, avós, irmáns...). As fotos enviaranse a ticscea@gmail.com, ou copiaranse nun pendrive e entregaránselle ao encargado da biblioteca ata o venres día 11 de abril. Unha vez recopiladas todas as fotos, estas exporanse na biblioteca en diversos formatos.

V Xornadas de Orientación Académica e Laboral

O Departamento de Orientación do C.P.I. Virxe da Saleta, en colaboración cos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor organiza un ano máis, e xa van cinco, as Xornadas de Orientación Académica e Profesional, destinadas ao alumnado da E.S.O. e aos seus pais.

A primeira xornada será xoves 3 de abril ás 15:30 h., centrada no bacharelato e na universidade e contará coa participación dos seguintes relatores: Francisco José Fraga Civeira licenciado en Dereito e Alcalde de Piñor, José Villanueva Lamas médico pediatra, Mª Dolores Vázquez Meiriño licenciada en Administración e Dirección de Empresas e xestora de empresas en Nova Galicia Banco, Manuel Jesús Pérez Rodríguez arquitecto técnico e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, Borja Moral Urosa diplomado en Traballo Social e Licenciado en Psicopedagoxía e Esther Nogueira López Diplomada en Maxisterio e Profesora de adultos e Educadora do Concello de Piñor.

O segunda e derradeira xornada será o martes 8 de abril a partir das 15:30 h. e tratará sobre Formación Profesional e Mundo Laboral, coa participación dos seguintes relatores: Juan Manuel Muñoz Vázquez cociñeiro e xerente do Restaurante Ateneo, Ana Beatriz Doval Estévez Garda Civil de San Cristovo de Cea, Rosana Bernárdez Peña diplomada en Educación Social, Licenciada en Psicopedagoxía e xerente da Empresa Serviturcea. Jorge García Fernández xefe de Brigada da Xunta de Galicia, Ángel Otero Castro técnico en carrozaría e operario en Chapistería e Servicios Grúas Otero, Modesto Ramos Fernández técnico en Fontanería, Mantemento de Instalacións Térmicas e Instalador de gas, Empregado da empresa Ángel Ramos.

Programa de Voluntariado na Biblioteca

Velaquí aos quince alumnos de 5º e 6º de primaria que durante este curso 2013­/2014 están a colaborar de forma voluntaria coa biblioteca escolar do CPI Virxe da Saleta de Cea. O grupo está integrado por once alumnos de 6º (Xosé, Carla, Fabio, Vanesa, Laura, Andrea, Santi, Alba, Alicia García, Álex, e Gisela) e por catro de 5º (Xiana, Rocío, Sara e Alicia Nogueira). Estes quince voluntarios agrúpanse en 3 equipos de 5 alumnos cada un e, unha vez á semana, traballan  baixo  a  tutela  de  Mercedes, a  titora  de sexto, en  tarefas  tan  diversas  como: ordenar fondos, colocación das etiquetas no lombo, deseñar logos e lemas para as diversas  actividades de dinamización da lectura, organizar a biblioteca, etc.

As froitas son protagonistas no entroido

Os alumnos de Infantil disfrutaron durante toda a semana  facendo caretas divertidas ....

Así quedou o noso traballo... !

O Entroido é Carnaval - O Vídeo

A grande festa do Entroido

E por fin chegou o grande día. Todo o traballo das familias cosendo os disfraces e buscando latas sobre as que percutir. As nenas e nenos ensaiando, construíndo e decorando as baquetas. Todo o profesorado implicado na decoración, vestimentas, ensaios e organización. Todo elo para poder pasar unha tarde feliz ao son da música e gozando do espírito máis entroideiro. Velaquí unha boa mostra delo, unha galería de imaxes que testemuñan un día de celebración e cor.

 

O Entroido é o Carnaval

O Entroido é Carnaval é o lema da festa deste ano no noso centro. Como xa saberedes o Entroido é a entrada na primavera, o renacer da vexetación e tamén o principio da cuaresma cristiana. O Carnaval ven do latín carne levare é dicir, o comezo da época na que non se pode comer carne. Coa celebración deste ano queremos tender unha ponte entre o Entroido tradicional galego e o Carnaval máis famoso do mundo, o Brasileiro. Este vernes 28 ás 15:45h faremos unha batucada escolar que levamos traballando durante dúas semanas. O alumnado construiu maracas, tambores e baquetas con material de refugallo. Coa axuda dos PerQtores de Seixalbo faremos retumbar os cimentos do cole cos nosos ritmos. Queredes ensaiar na casa? Aquí tedes os ritmos. E tamén unha galería do xoves no recreo seguindo as ordes da Meca para vir disfrazados de profesións.

 

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ...A MECA MANDA VIR ASÍ...

O Entroido chegou ao cole de Cea, e todos nós educadamente faremos o que a MECA nos ordea

 

Hoxe luns, como "ANIMAIS" ruximos.

Mañá martes con "DEPORTES" saltaremos.

O mércores ... xa veremos!

Distribuir contido


by Dr. Radut