Skip to Content

contador gratis para blog

Complementarias

White Christmas

As cantigas na TVG

A Revista da Tarde, programa da TVG emitido o luns 17 de decembro recolleu a nova da publicación do noso libro Cántame e Cóntame Avoa. Na noticia podedes escoitar aos profes e aos alumnos falando e tamén ao señor Eladio de Confurco abraiado coa repercusión mediática das súas cantigas. Picade directamente no minuto 19:37

O día máis doce do ano

Comimos moitos doces: galletas, turrón... e moitas lambetadas. Sacamos unhas cantas fotos. E todos comimos piruletas e moitas cousas porque celebramos o 12 do 12 do 12. Hai que disfrutar este día porque nunca máis vai volver pasar. Feliz día dos doces. (texto colectivo elaborado polo alumnado de 2º de Primaria)

Novo mural no comedor

Estreamos mural no comedor escolar, coas froitas como protagonistas e con el queremos motivar ao alumnado ao cumprimento das normas de convivencia neste espazo escolar: comer un menú saudable e variado, manter un ton de voz baixo cando estamos sentados á mesa, usar correctamente os cubertos, pedir por favor as cousas... Son só algúns dos útiles consellos que debemos cumprir para unha convivencia feliz e harmoniosa á hora de comer.

O gato lambón

O gato lambón. Un novo vídeoconto feito polo noso alumnado. Que vos parece?

A emoción de volver á túa escola

A quen non lle ten pasado voltar á casa onde viviu de pequeno, á escola onde estudou, ao parque onde xogou... e lembrar. Decatarse de que todo é máis pequeno, activar os pequenos recordos, os sons, os cheiros, as cores, as formas. Descubrir como detrás dese recanto segue estando aquelo que ten que estar. Así lle aconteceu á xornalista e ex-alumna do noso centro Fátima Fernández o pasado 15 de novembro cando acudiu como representante da xeración de alumnado que recolleu as cantigas do noso libro. E de regalo deixounos este marabilloso e emocionante texto. Para todos os que non puidestes estar e máis para todos os que o queredes ler de novo, aquí vos vai.

Magosto 2012

Festa, castañas, caras pintadas, unha ginkana, cantamos e bailamos, xogamos a encestar a castaña. En definitiva, un magosto para pasalo ben, ben, ben.

O CASTRO DAS FORMIGAS

Este é o castro que os rapaces e rapazas construíron no recreo para as formigas do CPI.

Que sorte teñen estas formigas!!!

Presentando as cantigas

E para acompañar tan magno evento, como é a publicación do noso libro, presentámosvos unha escolma de cantigas recitadas polo alumnado do 1º ciclo de primaria. A tradición ten futuro no noso centro.

Cóntame e Cántame Avoa

Aquí tedes o noso tesouro de cantigas. Pedras preciosas da enciclopedia do saber popular que viaxan pola rede ata as vosas panallas para que cantedes, recitedes ou simplemente gocedes coa súa lectura. Cántame e cóntame avoa é unha recompilación de cantigas recollidas nos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor, Maside e Ourense.
O traballo xa empezou o ano 2004. O alumnado de infantil, dirixido pola profesora María Carmen Fernández Vázquez, realizou a recollida das cantigas utilizando unha gravadora e un caderno. Este traballo prolongouse durante dous cursos.
O curso pasado, coa axuda da tecnoloxía, dixitalizamos as gravacións e fixemos o deseño do libro, que a dirección do centro imprimiu en papel en edición limitada para as familias que participaron no proxecto e que podemos ler na súa edición dixital. Tamén fixemos un vídeo para presentar o traballo no que o alumnado do primeiro ciclo de primaria recita unha selección das cantigas.
No libro recóllense máis de 600 cantigas agrupadas nos apartados animais, sentimento, emigración, lugares, para cantar e bailar, relixiosas, satíricas e humorísticas, traballo e temas varios. Cada cantiga r ven acompañada do nome, idade e lugar da persoa que a aportou. O escritor Xosé Carlos Caneiro, profesor do centro durante o curso 1986-1987, fixo o prólogo do libro.

Distribuir contido


by Dr. Radut